Patrimonio vexetal > Coñecendo a camelia > A camelia nas Rías Baixas

A camelia nas Rías Baixas

Pazos, castelos, parques … auténticos paraísos botánicos nas Rías Baixas. A camelia procedente de Oriente, introducida na provincia de Pontevedra hai tres séculos, está presente en fermosos edificios históricos e xardíns públicos onde poderás gozar de miles de variedades con gran riqueza cromática.

Orixinarias de Oriente , as camelias chegaron a Pontevedra no século XVII desde Portugal, adaptándose de forma extraordinaria grazas ás condicións de cultivo das Rías Baixas: chans acedos ben drenados con certo grao de humidade ambiental. Existen unhas 80 especies e 30.000 variedades diferentes, segundo tamaño, forma, cor, pétalos e follas, entre outras características. Contemplar de preto a delicadeza destas flores e atopar en cada unha delas esa beleza que resulta tan inspiradora e máxica é toda unha experiencia para os sentidos.

Os xardíns