Pazo da Saleta
Situada entre os lugares da Sobreira e Zancande (Meis, Pontevedra), o predio toma o seu nome da capela que, dedicada á virxe da Saleta, mandou levantar entre 1863 e 1870 o coronel Severo Pérez Cardecid, natural de Cambados. No seu interior consérvanse un retablo de 1870, realizado polo taller compostelán de Manuel Magasiñas, unha bóveda policromada coa representación das armas dos Pérez Cardecid, Rosales e Losada e unha fachada brasonada de gran beleza.
Contiguas a esta capela mantéñense algunhas dependencias da antiga casa de labranza (hórreo e pombal), que poden considerarse como unha unidade arquitectónica, posto que a actual vivenda é unha casa moderna, algo apartada.
En 1968 chegou a Galicia o británico Robert Gimson buscando un lugar onde poder practicar a súa gran paixón: a xardinería. Coa axuda da súa esposa Margaret foi transformando o terreo ata convertela nun excepcional xardín botánico. Ao matrimonio atribúeselle a recuperación da tradicional romaría en honra á virxe da Saleta que se celebra cada ano na capela.
Ao longo e ancho de cinco hectáreas de superficie esténdese este xardín de tipo inglés, deseñado pola arquitecta paisaxista Brenda Colvin, que inclúe a parte dedicada ao bosque, onde alternan carballos, eucaliptos e sobreiras que rodean o pombal, de planta octogonal. Atoparemos tamén especies orientais coma rododendros e azaleas, protáceas e mirtáceas australianas, ericáceas suramericanas; todas elas debidamente clasificadas e etiquetadas, mostra do labor dun científico de primeira orde.
O interese dos Gimson pola camelia fíxolles obter merecidos recoñecementos, coma o Premio Camelia de Ouro e o Premio Especial Antonio Odriozola. Variedades de camelia branca, rosa, vermella, violácea, xaspeada, reticulata... esténdense por este xardín e ofrécennos espectaculares abanos de coloridos pétalos.
CATÁLOGO BOTÁNICO
- Acer capillipes Maxim.
- Acer davidii Franch.
- Arbutus × andrachnoides Link
- Arbutus unedo L.
- Berberis oiwakensis (Hayata) Laferr.
- Brabejum stellatifolium L.
- Callitris oblonga Rich. & A.Rich.
- Camellia × vernalis (Makino) Makino
- Camellia × wabisuke (Makino) Kitam.
- Camellia × williamsii W.W. Sm.
- Camellia cuspidata (Kochs) C.H. Wright ex H.J. Veitch
- Camellia japonica L.
- Camellia nitidissima C.W. Chi
- Camellia reticulata Lindl.
- Camellia sasanqua Thunb.
- Clethra delavayi Franch.
- Colletia hystrix Clos
- Daphniphyllum macropodum Miq.
- Enkianthus campanulatus (Miq.) G. Nicholson
- Illicium floridanum J. Ellis
- Kumara plicatilis (L.) G.D. Rowley
- Leptospermum lanigerum (Aiton) Sm.
- Lophomyrtus bullata Burret
- Magnolia doltsopa (Buch.-Ham. ex DC.) Figlar
- Magnolia kobus DC.
- Magnolia macrophylla Michx.
- Magnolia sprengeri Pamp. 'Diva'
- Magnolia tripetala (L.) L.
- Magnolia virginiana L.
- Nyssa sylvatica L.
- Oxydendrum arboreum (L.) DC.
- Pourthiaea villosa (Thunb.) Decne.
- Quillaja saponaria Molina
- Rhododendron arborescens (Pursh) Torr.
- Rhododendron arboreum W.W. Sm.
- Rhododendron augustinii Hemsl.
- Rhododendron delavayi Franch.
- Rhododendron formosum Wall.
- Rhododendron griffithianum Wight
- Rhododendron johnstoneanum Watt ex Hutch.
- Rhododendron kaempferi Planch.
- Rhododendron maddenii Hook.
- Rhododendron ovatum (Lindl.) Planch. ex Maxim.
- Rhododendron parryae Hutch.
- Rhododendron sanctum Nakai
- Rhododendron spinuliferum Franch.
- Stewartia monadelpha Siebold & Zucc.
- Stewartia serrata Maxim.
- Stewartia sinensis Rehder & E.H. Wilson
- Taxandria juniperina (Schauer) J.R. Wheeler & N.G. Marchant
- Plano do xardín
- Web
- Sobreira, 2, 36637 Meis (Pontevedra)
- +34 629 81 68 80
- Tarifas e reservas