Pazo de Oca
Na Estrada, na marxe pontevedresa do val do Ulla e ao amparo do Pico Sacro, atópase o pazo barroco máis visitado de Galicia. Sobre os restos dunha antiga construción militar, Álvaro de Oca iniciou, a mediados do século XV, a edificación dunha casa forte que foi perdida en favor da mitra compostelá por un descendente seu, Suero de Oca. En 1575 pasou a mans de Felipe II e máis tarde, en 1586, María de Neyra adquiriu a propiedade e vinculouna a un morgado que constituíu a favor do seu fillo Juan. Por transmitirse o devandito morgado sucesivas veces por vía feminina, o apelido Neyra cambiou polo de Gayoso, Gayoso de Cobos, Fernández de Henestrosa e Fernández de Córdoba ata herdar o pazo a última propietaria, a actual duquesa de Medinaceli, quen, ao constituír en 1978 a Fundación Casa Ducal de Medinaceli, o sumou á súa dotación xunto co resto do seu patrimonio histórico.
A incorporación de bólas, pináculos, bestas heráldicas e canóns non fai máis que aumentar a magnificencia do lugar, caracterizado xa pola súa espléndida capela, a súa muralla ciclópea, os xardíns singulares e o arboredo exótico, señoreados por un elemento que o domina todo: a auga.
Distínguense no pazo dous tipos de xardíns: o hortícola, con cadros dedicados a distintos cultivos, que é atravesado diagonalmente polo conxunto do lavadoiro, o río e o muíño, e á súa vez bordeado este último por unha aliñación de buxos de considerable idade e árbores de cítricos.
Pola súa banda, o xardín xeométrico componse de sete macizos de flora excepcional: a Camellia reticulata é a árbore máis destacada, seguida por outros importantes exemplares de criptomeria, teixos, magnolias perennifolias, árbores de Xúpiter, sequoias vermellas, pradairos, loureiros reais e unha importante masa de antigas camelias que forman paseos. A Carreira do Conde, co seu paseo arborizado, linda coa outra parte do xardín, de corte inglés, onde conviven unha pradeira arborizada e un bosque ornamental, no que cómpre destacar unha fotinia e un tulipeiro, ademais da avenida de tileiros.
CATÁLOGO BOTÁNICO
- Acca sellowiana O. Berg) Burret
- Acer shirasawanum Koidz 'Aureum'
- Alnus glutinosa (L.) Gaertn.
- Arbutus unedo L.
- Aucuba japonica Thunb.
- Betula pubescens Ehrh.
- Buxus sempervirens L.
- Callistemon citrinus (Curtis) Skeels
- Camellia japonica L.
- Camellia reticulata Lindl.
- Camellia sasanqua Thunb.
- Camellia tsaii Hu
- Cercis siliquastrum L.
- Chamaecyparis pisifera (Siebold & Zucc.) Endl. 'Plumosa'
- Citrus × aurantium L.
- Cordyline stricta (Sims) Endl.
- Cornus capitata Wall
- Crataegus × lavallei Herincq ex Lavallèe
- Cryptomeria japonica (Thunb. ex L. f.) D. Don. 'Elegans'
- Cupressus sempervirens L.
- Fagus sylvatica L.
- Ginkgo biloba L.
- Gunnera manicata Linden ex Delchev.
- Ilex aquifolium L.
- Illicium anisatum L.
- Justicia floribunda (C. Koch) Wassh.
- Lagerstroemia indica L.
- Laurus nobilis L.
- Ligustrum japonicum Thunb. 'Rotundifolium'
- Liquidambar styraciflua L.
- Liriodendron tulipifera L.
- Magnolia denudata Desr.
- Magnolia grandiflora L.
- Morus nigra L.
- Muehlembeckia complexa (A. Cunn.) Meissn.
- Photinia serratifolia (Desf.) Kalkman
- Pittosporum eugenioides A. Cunn.
- Prunus avium (L.) L.
- Prunus laurocerasus L.
- Pteris cretica L.
- Quercus robur L.
- Quercus rubra L.
- Rosa banksiae R. Br. 'Lutea'
- Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.
- Taxus baccata L. 'Fastigiata'
- Tilia × europaea L.
- Tilia platyphyllos Scop.
- Tilia tomentosa Moench
- Trachycarpus fortunei (Hook.) H.A. Wendl.
- Plano do xardín
- Web
- pazo de Oca, Santo Estevo de Oca, A Estrada (Pontevedra)
- +34 986 587 435
- • Venda de entradas
