Pazo de Lourizán
O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría, entre Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século xv, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX a leira foi adquirida polo político Montero Ríos, quen a converteu na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento. Nos seus salóns negociouse o Tratado de París, polo cal España perdeu a soberanía sobre as illas de Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam.
A edificación actual, de estilo modernista e construída a finais do século XIX , foi deseñada polo famoso arquitecto Jenaro de la Fuente. Destacan a escaleira de pedra de corte imperial e as súas profusas columnas, grandes ventás, estatuas de inspiración clásica e ornamentos. No xardín, de estilo romántico, podemos atopar diversas fontes históricas: a fonte da Concha (século xviii), a fonte dos Tornos (século XVII) e a fonte ou gruta dos Espellos (século XIX), adornada con vidros de cores.
A Deputación de Pontevedra adquiriu a propiedade a principios dos anos corenta e converteuna no que é na actualidade: o Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
O pazo conta con cincuenta e catro hectáreas de xardín, terreo e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de arboreto, que reúne aquelas especies plantadas nel desde o século xix ata a actualidade. Ademais das especies que pola súa importancia a nivel natural, paisaxístico e cultural están incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, coma o cedro do Líbano, a Metasequoia glyptostroboides e a formación de castiñeiros xaponeses e chineses, destacan tamén outras especies forestais coma o olmo holandés, as palmeiras raíñas ou a avenida de magnolias. Cultivares de 'Alba Plena' que crecen nestes xardíns son impresionantes.
Crese que os espécimes antigos de camelia de Lourizán pertencen ao establecemento hortícola portugués de José Marques Loureiro e foron plantados na propiedade no século XIX. En 1993 creouse o parque das autonomías, cunha mostra das especies arbóreas máis representativas de cada unha delas.
CATÁLOGO BOTÁNICO
- Aesculus hippocastanum L. 'Baumanii'
- Agathis australis (D. Don) Lindl.
- Angophora floribunda (Sm.) Sweet
- Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze
- Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco
- Calocedrus decurrens (Torr.) Florin
- Camellia japonica L.
- Castanea × coudercii A. Camus
- Castanea crenata Siebold & Zucc.
- Castanea mollisima Blume
- Castanea sativa Mill.
- Casuarina cunninghamiana Miq.
- Cedrus atlantica (Endl.) Manetti ex Carrière
- Cedrus deodara (Roxb. ex D. Don) G. Don
- Cedrus libani A. Rich.
- Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray bis) Parl.
- Chamaecyparis obtusa (Siebold & Zucc.) Endl.
- Cocculus laurifolius DC.
- Cornus capitata Wall.
- Corymbia calophylla (R. Br. ex Lindl.) K.D. Hill & LAS Johnson
- Corymbia citriodora (Hook.) K.D. Hill & L.A.S. Johnson
- Corymbia ficifolia (F. Muell.) K.D. Hill & L.A.S. Johnson
- Dacrydium cupressinum Sol. ex G. Forst.
- Eucalyptus cypellocarpa L.A.S. Johnson
- Eucalyptus delegatensis F. Muell. ex R.T. Baker
- Eucalyptus diversicolor F. Muell.
- Eucalyptus fastigiata H. Deane & Maiden
- Eucalyptus globulus Labill.
- Eucalyptus grandis W. Hill
- Eucalyptus obliqua L'Her.
- Eucalyptus regnans F. Muell.
- Eucalyptus saligna Sm.
- Eucalyptus sieberi L.A.S. Johnson
- Eucalyptus viminalis Labill.
- Larix × marschlinsii Coaz.
- Liquidambar styraciflua L.
- Lophostemon confertus (R. Br.) P.A. Wilson & J.T. Waterhouse
- Magnolia grandiflora L.
- Metasequoia glyptostroboides T.W. Hu & J.C. Chang
- Picea abies (L.) H. Karst.
- Pinus patula Schiede ex Schltdl. & Cham
- Pinus strobus L.
- Platanus × acerifolia (Aiton) Willd.
- Podocarpus totara G. Benn. ex D. Don
- Prunus avium (L.) L.
- Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco
- Quercus robur L.
- Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.
- Syzygium australe (J.C. Wendl. ex Link) B. Hyland
- Syzygium paniculatum Gaertn.
- Triadica sebifera (L.) Blume
- Washingtonia robusta H. Wendl.
- Plano do xardín
- Web
- Centro de Investigación Forestal de Lourizán, estrada Pontevedra-Marín, km 3,5, 36080 Pontevedra
- +34 986 805 000
- Entrada gratuíta
