Parque do Castro

O parque municipal do Castro, en Vigo, está situado nun alto en pleno centro da cidade e desde alí pódese contemplar unha fermosa panorámica do porto e da ría. Nel deixaron a súa pegada os castreños,que se asentaron neste monte desde finais do século i, e os romanos, no século iii; mostra diso son os restos que aínda están presentes no parque.

Durante a Idade Media instalouse alí o castelo do Penço, pertencente á mitra compostelá. Entre os anos 1656 e 1665 foi derrubado para levantar o castelo de Santa María do Castro, o castelo de San Sebastián e o recinto amurallado que os unía.

Este lugar foi testemuña das invasións piratas inglesas (1585-1589) e turcas (1617), da batalla de Rande (1702) e tamén foi refuxio do exército na súa retirada do ataque inglés en 1719.

A finais do século xix derrubáronse as antigas murallas defensivas da cidade, o que afortunadamente non afectou a fortaleza do Castro, cuxos restos permanecen hoxe en día como exemplo típico da arquitectura militar da época. Destaca polo seu gran valor cultural e paisaxístico.

O parque constitúe un verdadeiro xardín botánico situado no centro da cidade de Vigo; posúe moitas especies exóticas, de gran tamaño e dun importante valor ornamental.

Para chegar a esta contorna podemos seguir a senda botánica das frondosas deste parque, que sinaliza un percorrido por máis de trinta especies diferentes. Esténdese principalmente polo lado meridional e polo paseo Rosalía de Castro, que rodea o centro do parque.

Destaca a súa importante colección de camelias, distribuídas en varias zonas do xardín, a maior parte delas de orixe portuguesa, de cultivares coma ‘Jane Andresen', ‘Angelina Vieira', ou ‘Pomponia Estriata Portuensis', entre outras.

  CATÁLOGO BOTÁNICO
  • Aesculus hippocastanum L.
  • Alnus cordata (Loisel.) Duby
  • Aloe arborescens Mill.
  • Betula pendula Roth.
  • Camellia japonica L.
  • Camellia sasanqua Thunb.
  • Cedrus atlantica (Endl.) Manetti ex Carrière
  • Cedrus deodara (Roxb. ex D. Don) G. Don
  • Cedrus libani A. Rich.
  • Ceiba speciosa (A. St.-Hil.) Ravenna
  • Celtis australis L.
  • Cephalotaxus harringtonii (Knight ex J. Forbes) K. KochFastigiata'
  • Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray bis) Parl.
  • Chamaecyparis obtusa (Siebold & Zucc.) Endl. ‘Crippsii'
  • Chamaecyparis pisifera (Siebold & Zucc.) Endl.
  • Cinnamomum glanduliferum (Wall.) Meissn.
  • Cocculus laurifolius DC.
  • Cryptomeria japonica (Thunb. ex L. f.) D. Don.
  • Cupressus lusitanica Mill.
  • Cupressus macrocarpa Hartw.
  • Dracaena draco (L.) L.
  • Eucalyptus viminalis Labill.
  • Fagus sylvatica L.
  • Fascicularia bicolor (Ruiz & Pav.) Mez
  • Ginkgo biloba L.
  • Gleditsia triacanthos L.
  • Grevillea robusta A. Cunn. ex R. Br.
  • Hakea decurrens R. Br. subsp. physiocapa W.R. Baker
  • Hakea salicifolia (Vent.) B.L. Burtt
  • Hydrangea macrophylla (Thunb.) Ser.
  • Juglans nigra L.
  • Juglans regia L.
  • Liriodendron tulipifera L.
  • Magnolia grandiflora L.
  • Melaleuca armillaris (Sol. ex Gaertn.) Sm.
  • Paulownia tomentosa (Thunb.) Steud.
  • Philadelphus coronarius L.
  • Picea abies (L.) H. Karst.
  • Pinus radiata D. Don
  • Pittosporum truncatum E. Pritz.
  • Pittosporum undulatum Vent.
  • Platanus x acerifolia (Aiton) Willd.
  • Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco
  • Quercus macrocarpa Moench.
  • Quercus rubra L.
  • Radermachera sinica (Hance) Hemsl.
  • Spiraea cantoniensis Lour.
  • Tetradium danielii (Benn.) T.G. Hartley
  • Ulmus minor Mill.
  • Yucca gigantea Lem.

Fotos