Pazo Quinteiro da Cruz
O pazo Quinteiro da Cruz está situado en pleno val do Salnés, na parroquia de Lois, concello de Ribadumia (Pontevedra). Esta casa fidalga constitúe un fermosísimo exemplo da arquitectura neoclásica señorial galega, que data do século XVIII. A propiedade conta con elementos románticos, fontes de pedra, ceadores, xardíns, estatuas e reloxos de sol. Tamén posúe dous cruceiros, dos que destaca especialmente o próximo á casa, e dous hórreos (un de pedra do século XVIII de máis de quince metros de lonxitude e outro de pedra e madeira do século XIX situado sobre un estanque ao que se accede por unha dobre escalinata de pedra da época), unha capela do século XVI, unha pila bautismal de finais do século XII, un pombal ameado e un lavadoiro que evocan un aire romántico de carácter profundamente galego.
Posúe unha adega onde se elabora o albariño Quinteiro da Cruz, da D. O. Rías Baixas, cun alpendre porticado de columnas de pedra, unha antiga lareira, un lagar e diversos apeiros de labranza.
Hoxe a propiedade conta cunhas magníficas instalacións nun marco incomparable para organizar todo tipo de eventos: vodas, reunións, congresos etc.
Os xardíns posúen unha zona deseñada a finais do século xix polo xardineiro e paisaxista de orixe francesa Dorgambide e unha zona de máis recente creación, nos anos 1975-1980, por Victoriano Piñeiro Acosta, que se ocupou de restaurar a flora existente de acordo coa tradición histórica, e á que lle engadiu a magnífica colección de camelias e outras plantas importadas de diferentes lugares do mundo.
Os xardíns son dun alto interese botánico e ornamental, con multitude de especies, tanto autóctonas coma foráneas, que foron introducidas ao longo dos anos. Están rodeados por viñedos de albariño e un bosque autóctono.
As camelias son as verdadeiras protagonistas; delas florecen uns 5.000 exemplares de máis de 1.500 variedades de diferentes especies coma Camellia assimilis, Camellia caudata, Camellia cuspidata, Camellia fluviatilis ou Camellia nitidissima, entre moitas outras, pero destacan Camellia japonica, Camellia reticulata e Camellia Higo, coas que conseguiron o Premio Camelia de Ouro en varias ocasións.
CATÁLOGO BOTÁNICO
- Acer palmatum Thunb.
- Albizia julibrissim (Willd.) Durazz.
- Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze
- Arbutus unedo L.
- Callistemon linearis (Schrad. & J.C.Wendl.) Colv. ex Sweet
- Callistemon pallidus (Bonpl.) DC.
- Callistemon rigidus R. Br.
- Callistemon sieberi DC.
- Camellia japonica L.
- Camellia lutchuensis TItô
- Camellia nitidissima C.W. Chi
- Castanea × coudersii A. Camus
- Casuarina cunninghamiana Miq.
- Catalpa bignonioides Walter
- Cedrus deodara (Roxb. ex D. Don) G. Don
- Cercis siliquastrum L.
- Cinnamomum camphora (L.) J.Presl
- Cordyline australis (G. Forst.) Endl.
- Cornus capitata Wall.
- Cornus florida L.
- Corymbia ficifolia (F. Muell.) K.D. Hill & L.A.S. Johnson
- Cupressus sempervirens L.
- Grevillea robusta A. Cunn. ex R. Br.
- Griselinia lucida (J.R. Forst. & G. Forst.) G. Forst.
- Koelreuteria paniculata Laxm.
- Kunzea baxteri (Klotzsch) Schauer
- Lagunaria patersonia (Andrews) G. Don
- Ligustrum lucidum W.T. Aiton
- Liquidambar styraciflua L.
- Liriodendron tulipifera L.
- Magnolia × soulangeana Soul.-Bod.
- Magnolia grandiflora L. Tipo e 'Goliath'
- Maytenus boaria Molina
- Melaleuca armillaris (Sol. ex Gaertn.) Sm.
- Nyssa sylvatica Marshall
- Olea europaea L.
- Paulownia tomentosa (Thunb.) Steud.
- Pinus devoniana Lindl.
- Pinus pinea L.
- Podocarpus macrophyllus (Thunb.) Sweet
- Populus × canescens (Aiton) Sm.
- Populus alba L. 'Pyramidalis'
- Quercus pyrenaica Willd.
- Quercus robur L.
- Quercus rubra L.
- Quercus suber L.
- Radermachera sinica (Hance) Hemsl.
- Syagrus romanzoffiana (Cham.) Glassman
- Tilia × europaea L.
- Tipuana tipu (Benth.) Kuntze
- Plano do xardín
- Web
- rúa Cruz, 88, 36635 Ribadumia ( Pontevedra)
- +34 619 11 08 06
- Visitas

