Advanced-Content-List

Publicador de contidos

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 27/04/2018

VIÑA

Mildio

A estabilidade climática destes días favoreceu o crecemento dos gromos. Por outra banda, a ausencia de choivas e as temperaturas nocturnas relativamente baixas nas xornadas con humidade foliar non foron favorables tampouco ás infeccións primarias deste fungo.

A estabilidade climatica favoreceu crecemento da vexetacion

Con esta situación, na revisión feita este mércores día 25 ás parcelas da nosa rede de seguimento, non topamos indicio algún da enfermidade. Tampouco ata o momento da redacción desta información nos notificaron a detección de síntomas, aínda que isto non quere dicir que, puntualmente, nalgunha situación moi favorable (por exemplo en gromos chupóns ou plantas novas ou de reposición abrigadas) non puidera haber algún, que desde logo non respondería en absoluto á situación xeral.

Primeira mancha pode aparecer en ramas baixas nas zonas abrigadasPrimeira mancha pode aparecer en ramas cepas novas

Por este motivo, e tendo en conta ademais que as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anuncian certa precipitación (sobre todo para domingo e luns) pero con baixada de temperaturas, a nosa recomendación a día de hoxe é INCREMENTAR A VIXILANCIA CO OBXECTO DE DETECTAR A PRIMEIRA MANCHA, revisando nos viñedos sobre todo as plantas onde é máis probable a detección da enfermidade pola súa situación ou dimensións, e as zonas da finca onde o fungo soe aparecer e/ou xerar perdas (lembren tamén que as primeiras manchas soen localizarse nas follas basais dos gromos, mesmo nas plantas conducidas en emparrado).

Na nosa revisión das parcelas o mércores 25 puidemos observar como moitos viticultores estaban a tratar as viñas aínda que se rexistraban ventos superiores ao compatibles coas aplicacións. Así, o caldo fitosanitario non quedaba na súa totalidade na viña senón que chegaba a zonas diferentes como casas, vías ou outros cultivos.

Esta circunstancia non só fará que o funxicida non protexa adecuadamente a viña senón que é totalmente incompatible coas boas prácticas agrícolas. Lembren ademais que para actuar como se debe é necesario axustar o volume e o tipo de boquillas ao máis reducido volume do vexetal

Outros

Aparte dalgún síntoma de excoriose, non topamos ningún outro indicio de parasitos nas viñas que visitamos, nin daqueles que poden aparecer agora como pedroulo (o desenvolvemento dos gromos xa fai difícil que se produzan danos) nin de erinose ou acariose. Neste sentido, lembren que nestes momentos, cos cambios de temperatura que hai, poden aparecer síntomas similares pero ANTES DE APLICAR CALQUERA TRATAMENTO débese confirmar a súa presenza.

Nesta semana non vimos sintomas de erinose nas follas novasDiferentes alteracions poden inducir a pensar incorrectamente que hai acariose ou trips...Fisiopatia que en ocasiones ha sido confundida con sintomas de acariosis

MACEIRA

Situación fitosanitaria xeral observada

A situación fitosanitaria xeral, polo menos segundo observamos nas nosas parcelas, é moi boa, e de feito os síntomas de oídio que detectaramos non avanzaron. Por outra banda, o incremento da humidade a consecuencia das precipitacións eleva o risco de aparición de síntomas deste patóxeno, pero tampouco será especialmente elevado se, como anuncian as axencias meteorolóxicas, baixan as temperaturas.

En xeral non avanzou o oidio nas maceiras

KIWI

Bacterioses

O incremento da humidade e o estado fenolóxico actual das plantas, cos botóns florais, obriga a tratar estas enfermidades para previr danos.

Debense protexer os kiwis fronte as bacterioses na epoca dos botons florais

PLANTAS DE HORTA

Recomendacións xerais

Como vimos dicindo, segundo anuncian as previsións meteorolóxicas haberá choivas (normalmente en forma de chuvascos) nos próximos días, co cal se incrementará o risco de aparición de enfermidades como o mildio debido á maior humidade no entorno das plantas, próximo ao terreo, polo que haberá que extremar a vixilancia. Por outra banda, nas trampas para o seguimento de Tuta absoluta que temos a carón dun invernadoiro de tomate de O Salnés xa estamos tendo algunhas capturas.

Sintoma mildio en rama patacaManchas de mildiu en planta de tomateMacho de Tuta absoluta capturado en trampa de feromonas

BUXO

Cydalima perspectalis

Xa empezamos a ter numerosas consultas de particulares, tanto da provincia de Pontevedra como da de A Coruña, acerca de danos causados por esta praga. Ademais, tamén nos os observamos en sebes de comarcas moi diferentes de Pontevedra, polo que débense iniciar os tratamentos se non o fixeron xa. Para máis información sobre a praga, consulte o pdf adxunto "Cydalima perspectalis (Walker, 1859). Bolboreta do buxo"

Sintoma caracteristico de Cydalima cando a eiruga esta protexidaFios de seda da eiruga da bolboreta do buxoDetalle de excrementos e signos alimentacion