Advanced-Content-List

Publicador de contidos

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 11/05/2018

VIÑA

Mildio

Nesta semana houbo condicións relativamente favorables ao patóxeno (tamén á súa esporulación) algúns días. Con esta situación, atopamos a primeira mancha de aceite nas fincas da nosa rede de seguimento onde aínda non tiñan aparecido e tamén noutras que visitamos. É máis, varias destas fincas, algunha delas con dous tratamentos antimildio xa realizados, mesmo presentaban manchas ben esporuladas, o que indica que é fundamental revisar a eficacia das aplicacións. Para este fin de semana hai previsión de certa precipitación (aínda que acompañada por un descenso de temperaturas mínimas) por parte da totalidade de axencias meteorolóxicas consultadas. Despois destas chuvias haberá que revisar moi ben os viñedos pois:

  • Se chove máis de 10 l/m2, producirase o lavado da compoñente de contacto que poida levar o funxicida que se empregou no tratamento anterior e se reducirá o período de protección dos restantes.
  • Se as temperaturas nocturnas son suaves, pode haber esporulación e polo tanto contaminacións secundarias (ademais das primarias que poda seguir habendo).
  • En todos os casos hai diferentes factores que inflúen na calidade da aplicación (presencia de vento, preparación do caldo, estado das boquillas, etc.)  que non sempre podemos controlar (ou aos que non se lle presta a atención necesaria) e polo tanto poden aparecer novas manchas neste momento de elevada sensibilidade á enfermidade.
11maio18_Primeira mancha en Areeiro O bo estado da esporulacion indica fai pensar nun mal tratamento

Oídio

Na visita desta semana ás diferentes parcelas atopamos os primeiros síntomas deste  patóxeno sobre plantas da variedade tinta moi sensible á que faciamos referencia no aviso anterior. O síntoma era moi  incipiente e limitábase só a un gromo da liña de plantas. Pola súa banda, en albariño non vimos ningún indicio, a pesar de non ter aplicado aínda ningún tratamento. Aconséllase incrementar a vixilancia, e só tratar se se observan síntomas.

9maio18_Oidio apenas perceptible en folla de variedade tintaUncinula necator - Síntoma incipiente

Couzas do acio

As capturas de  Lobesia  botrana nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento son diferentes segundo as parcelas, pero en ningún caso vimos, de momento, síntomas da primeira xeración.

Trampa de feromonas sexualesCapturas de Lobesia a primeiros de campaña

Cicadélidos

Nesta semana tivemos as primeiras capturas destes insectos nas trampas dalgunhas parcelas, pero a súa presenza só é moi puntual.

02maio18_Ainda non recollemos os primeiros cicadelidosEmpoasca vitis_adultoCicadélidos - Adulto de Zygina rhamni en envés

Ácaros

Seguimos sen detectar indicios que apunten á alimentación dos eriófidos causantes da acariose. Canto á erinose, esta semana vimos máis síntomas pero continúan sen acadar os niveis da campaña anterior.

Sintomas de erinose no inicio da vexetacionFisiopatia que en ocasiones ha sido confundida con sintomas de acariosis

MACEIRA

Situación fitosanitaria xeral observada

Nesta semana observamos un incremento notorio canto á presenza de síntomas de oídio nas fincas onde xa se detectara previamente. Ademais,  tamén fixo a súa aparición nos gromos doutras zonas. En todos os casos onde o observamos a porcentaxe de gromos afectados non era elevada, pero convén incrementar a vixilancia. Por outra banda, tamén detectamos nesta semana o primeiro síntoma de moteado na nosa finca de Areeiro, sobre unha maceira da variedade Golden.

Sintomas de oídio en folla de maceira11maio18_Primeiro sintoma moteado en Areeiro

MARMELEIRO

Oídio

Do mesmo xeito que sucedeu noutros cultivos, nesta semana tamén vimos síntomas de oídio en follas de marmeleiro. Esta especie vexetal ten variedades que son moi sensibles a esta enfermidade polo que convén dar un tratamento naquelas plantas con presenza do fungo.

Primeiros sintomas de oidio en marmeleiroOs marmeleiros son en xeral sensibles ao oidio

CERDEIRA

Cribado e Cylindrosporium padi

Vimos algúns síntomas nas cerdeiras de diferentes zonas, aínda que a súa presenza non é importante. Co cambio que se está a producir desde hoxe na climatoloxía (nubes, humidade máis elevada e choivas para o fin de semana) é de esperar que continúen avanzando, polo que hai que incrementar a vixilancia.

As choivas rexistradas favorecen a aparicion de sintomas de cribadoCylindrosporium padi produce defoliación de brotes

Pulgóns

Do mesmo xeito que noutras especies froiteiras e ornamentais hai colonias de pulgóns en moitas cerdeiras. Salvo que se trate de variedades de uso para parques e xardíns (en cuxo caso os enrolamentos das follas xerarían unha perda estética), en xeral non soen requirir un tratamento en planta adulta, pero si pode ser necesario en plantóns. 

Colonia de pulgón en cerezoEnrollamiento de hojas en cerezo por pulgón negro

CAMELIA

Pulgóns

Os gromos novos que hai nestes momentos en moitas camelias atraen a estes insectos que, en especial se as colonias son abundantes, poden provocar unha perda do valor ornamental ao enrolar as follas.

Camelia agromandoOs gromos de camelia atraen aos pulgons

BUXO

Bolboreta do buxo, Cydalima perspectalis

Naquelas sebes que xa amosen defoliacións evidentes a causa da alimentación das eirugas desta bolboreta pódese facer unha pequena poda para estimular a aparición de novos gromos, que haberá que seguir vixiando debido a que esta especie ten, como se pode consultar na nosa ficha técnica "Cydalima perspectalis (Walker, 1859). Bolboreta do buxo", varias xeracións anuais.

Consecuencias de la defoliacion en planta de bojAspecto parcial de buxo tras ataque primeira xeracion Cydalima