INFORMACIÓN FITOSANITARIA 20/04/2018

Como era de esperar, o cambio rexistrado nas condicións climáticas favoreceu o crecemento dos gromos nos cultivos e por iso empezan a aparecer síntomas dalgunhas enfermidades ou pragas nalgúns deles.

VIÑA

O mércores 18 fixemos un percorrido por diferentes viñas das principais comarcas vitivinícolas da provincia. Canto á fenoloxía, topamos bastantes diferencias entre parcelas que mesmo están xuntas, pero temos que dicir que en xeral a brotación está sendo homoxénea ou uniforme dentro da mesma finca e a nivel de cada planta particular (salvo excepcións).

Nesta semana este e o estado fenoloxico xeral Hai viñas moi esporadias con elevado desenvolvemento de gromos A brotacion esta sendo uniforme en xeral Nas viñas con patoloxias de madeira hai fallos na brotacion

Mildio

Na xeneralidade das parcelas non hai gromos de tamaño suficiente como para ser receptivos á enfermidade. Si hai algúns sensibles en viñedos moi esporádicos, sobre todo na comarca de O Rosal. Porén, sabemos que fan falta máis condicións para que se produza a infección primaria, e de momento non se dan.

As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas non coinciden nas previsións a medio prazo, aínda que todas apuntan certa probabilidade de precipitación que en todo caso será de escasa contía (previsiblemente moi inferior a 10 l/m2). Con esta situación, só aconsellamos vixilancia nas viñas máis adiantadas.

E fundamental xa neste momento a roza das malas herbas

Iso si, temos que insistir en todas as fincas no control da vexetación herbácea, e moi especialmente nas viñas conducidas en formacións baixas, posto que xa se miran inflorescencias de plantas como Avena spp. ou Rumex spp. superando o nivel dos gromos de viña

Excoriose

Nalgunhas fincas observamos os primeiros síntomas nas follas basais ou en fase de apertura. Para saber ata cando actuar fronte a esta enfermidade, consulte o aviso anterior do luns 16.

Síntomas en pámpano, hoja y pecioloDiferentes síntomas de excoriosis

Outros

Nas viñas que visitamos nesta semana apenas observamos algún síntoma de erinose, e algunha folla con caracois, pero en ambos casos de xeito moi puntual. 

Sintomas iniciales de erinosis Daño por gasteropodo en hoja de viña (caracoles, babosas, etc)

Pola contra non atopamos síntomas de pedroulo ou de outros gurgullos, nin tampouco de acariose. Referido a esta última praga temos que dicir que é moi importante confirmar certeiramente a súa presenza antes de aplicar un tratamento, posto que ás veces se fan aplicacións acaricidas inxustificadas que son moi prexudiciais para a os fitoseidos, controladores naturais de ácaros. Por outra banda, neste inverno volvemos recoller mostras en diferentes viñedos ao azar e en ningún deles topamos hibernantes.

MACEIRA e PEREIRA

Situación fitosanitaria xeral observada

Nas plantas que visitamos no noso percorrido non observamos de momento síntomas de moteado aínda que si, pero unicamente nun par de gromos de outras tantas plantas, síntomas de oídio en maceira e de Janus compressus en pereira. 

Primeiros sintomas de oidio en maceiraEmpezan a aparecer sintomas de Janus compressus nas pereiras

CÍTRICOS

Phytophthora spp.

Continuamos recibindo na Estación numerosas plantas de limoeirio, laranxeiro ou mandarineiro cos síntomas típicos destas enfermidades. Non esquezan que para frear o seu avance, aparte da mellora da climatoloxía que xa se está dando, é necesario combinar as medidas culturais cos tratamentos, como anunciamos no aviso anterior do luns 16.

Este limonero está afectado por PhytophthoraLimons na arbore coa podremia caracteristica de Phytophthora hibernalis

OUTRAS FROITEIRAS

É bastante xeneralizada a presenza de gromos de melocotoeiro afectados de lepra, polo que é necesario tratar neste período de brotación e renovar as intervencións segundo o funxicida empregado (lean SEMPRE ben as etiquetas dos produtos) e/ou as choivas que poidan caer. Por outra banda, nas cerdeiras e ameixeiras empezan a aparecer tamén síntomas de cribado que haberá que vixiar como evolucionan. Canto ao kiwi, remitimos igualmente ao aviso anterior do luns 16 para saber como actuar fronte ás bacterioses.

Como se esperaba hai sintomas de lepraAs choivas rexistradas favorecen a aparicion de sintomas de cribadoSintomas de PSA en hoja

BUXO

Cydalima perspectalis

Cada vez aparecen en máis sebes os síntomas causados pola alimentación das eirugas que saíron da hibernación, e mesmo na zona de O Condado xa atopamos eirugas do último estado de desenvolvemento, que son moi voraces. Lembren que é importante vixiar as sebes para que os insecticidas que poidan eliminar cando menos a maior parte da poboación.

Fios de seda da eiruga da bolboreta do buxoNo Condado xa observamos as primeiras eirugas grandes de Cydalima