INFORMACIÓN FITOSANITARIA 01 XUÑO 2018

VIÑA

Estado fenolóxico: H - (I) [57-(60) da codificación BBCH]

Nesta semana de clima inestable a maioría das viñas que revisamos están a piques de iniciar a floración, aínda que nas máis adiantadas xa atopamos bastantes plantas en flor e na  nosa parcela de Vide e máis noutra do Rosal xa hai acios co froito formado

En viñas adiantadas xa hai boa floracionEn viñas adiantadas hai acios con froito formado

Mildio

Desde a emisión da información fitosanitaria anterior (25 maio) alternáronse días con diferente contía de choivas e días con nebulosidade pero sempre con temperaturas suaves (e nalgúns momentos baixas). Segundo os rexistros de Meteogalicia, na maioría das estacións houbo condicións favorables á esporulación e ás infeccións secundarias boa parte das xornadas. Porén, nas viñas que revisamos (como dixemos en repetidas ocasións, xa non son unicamente as da nosa rede habitual de seguimento) non atopamos manchas novas e as antigas estaban curadas en xeral. Esta situación era de esperar porque a práctica totalidade de fincas recibiron un tratamento a semana anterior, pero mesmo no captador que temos entre as plantas testemuña da nosa finca de Areeiro a concentración de esporas é bastante baixa.

grafica plasmopara viticola

As diferentes previsións meteorolóxicas consultadas anuncian sucesión de períodos de choivas tanto ao longo da fin de semana como nos comezos (algunhas) ou na totalidade (outras) da semana que entra, e tamén temperaturas suaves mesmo de noite. Con isto, e máis tendo en conta a entrada na floración dos viñedos, o risco de mildio segue a ser elevado polo que será imprescindible estar atentos, aplicando un tratamento no caso de que se observen novos síntomas ou zonas de avance (ou esporulación) nos síntomas antigos, e tamén naqueles casos nos que terminase o período de protección teórico da intervención anterior. É dicir, debe manterse o máximo nivel de vixilancia, pois un fallo na protección nestes momentos pode comprometer o futuro da colleita.

30maio_Hai humidade alta pero gromos novos sans en xeral 30maio_Mesmo viñas abandonadas sensibles estan sas Algunha mancha parece curada no centro na face da follapero no enves ten esporulacion Tamen en manchas secas hai que comprobar esporulacion

Oidio

Tampouco nesta semana observamos novos síntomas desta enfermidade. Aínda así, as condicións climáticas de luz difusa e nubes constantes son condicións favorables ao  patóxeno. Por iso, naquelas parcelas (ou variedades) onde todos os anos hai problemas debidos a este fungo será preciso engadir un funxicida antioídio no caso de renovar a intervención antimildio.

9maio18_Oidio apenas perceptible en folla de variedade tintaUncinula necator - Síntoma incipiente

Botrite

Os capuchóns florais poden cubrirse de botrite en tempo humido

As condicións de elevada humidade que, segundo as diferentes axencias meteorolóxicas, seguirán caracterizando a climatoloxía dos próximos días poden favorecer que comecen a observarse síntomas deste patóxeno tanto sobre os restos dos capuchóns florais dos acios como nas follas que presenten feridas por sarabia, ventos, etc. De feito, xa no captador de esporas instalado entre as plantas testemuña da viña de Areeiro a concentración de esporas é relativamente elevada, duplicando incluso á do mildio.

grafica Botrytis cinerea

Black rot

Non observamos cambios en canto a presenza desta enfermidade na nosa parcela de seguimento do Condado nin tampouco na de Areeiro, e iso que as condicións climáticas están sendo favorables á enfermidade. Manter a vixilancia, pois segundo se prevé, a meteoroloxía seguirá a ser favorable ao desenvolvemento do patóxeno.

..as manchas de black rot soen ser redondeadas..pero non sempre

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambigüella)

Mentres as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas das parcelas da nosa rede continúan a ser moi baixas, notamos un lixeiro incremento na presenza de niños (glomérulos), que en ningún caso xustifica a aplicación dun tratamento.

Como sabemos, normalmente non é necesario tratar esta primeira xeración porque os seus danos son menores (serían como moito unha especie de  aclareo) e ademais non hai relación directa entre a contía desta xeración e as seguintes

23maio18_Primeiros glomerulos vistos O RosalGlomerulo en viña Rosal abrindo flores

Cicadélidos

Unha semana máis temos que falar de capturas testemuñais nas trampas cromáticas das parcelas da nosa rede e nos recontos de larvas e ninfas que facemos nas follas, e é que tampouco as condicións climáticas destes días están a ser favorables a estes insectos.

Capturas illadas de cicadelidos Zygina pero non EmpoascaAs capturas de cicadelidos seguen a ser mínimas

 

Ácaros

Continuamos sen atopar os primeiros síntomas de Calepitrimerus  vitis (ácaro da acariose) nos gromos, mentres que nesta semana si temos que falar dunha maior presenza de síntomas de Colomerus vitis (erinose).

Sintomas de erinose no inicio da vexetacionNalgunha finca se incrementou incidencia de erinose

MACEIRA

Moteado

Do mesmo xeito que no caso do mildio das viñas, nas fincas que revisamos, esta semana non notamos cambio algún canto á presenza deste patóxeno nas follas (de momento non o vimos na froita) fronte á semana anterior. Aínda así, as condicións climáticas seguirán sendo propicias en xeral e por iso naquelas parcelas con historial de danos polo fungo e naquelas outras con síntomas e/ou variedades sensibles hai que extremar a vixilancia e tratar se os síntomas se incrementan.

A humidade elevada favorece ao moteadoMancha de moteado en enves de folla en pereiraA humidade elevada favorece ao moteado tamen en pereira

Couza da mazá (Cydia pomonella)

No aviso anterior indicábase que as poboacións desta bolboreta podían ser moi variables mesmo entre parcelas próximas, o cal é unha das súas características. Pois precisamente nesta semana informáronnos deste feito, relativo neste caso ás capturas de machos, en dúas trampas colocadas na mesma finca e separadas non máis de 25 metros: unha delas superaba amplamente o limiar de tolerancia e na outra non se recollera ningún individuo. Por isto é tan importante a protección sistemática se hai antecedentes da praga e se non se efectúa un seguimento mediante as trampas de  feromonas sexuais.

Instalacion de trampa delta en manzano al inicio de campañaPrimeras capturas de Cydia pomonella en trampa de feromonas

Outros

Nas mazás en crecemento dalgunhas das variedades que temos na nosa parcela do Castelo de Soutomaior atopamos algúns síntomas de Rhynchites bacchus, vistoso escaravello que pode provocar caída prematura de froitos, o cal xa se está a producir nese caso.

Sintomas e danos de Rhynchites bacchus en froitoSintomas e danos de Rhynchites bacchus en froito_2

PEREIRA

Moteado

Ao igual que no caso da maceira, nesta semana tampouco observamos cambios na presenza de síntomas do patóxeno en pereira, polo menos nas fincas que visitamos, pese a ter habido condicións de risco.

A humidade elevada favorece ao moteado tamen en pereira

Torcegromos (Janus compressus) e botrite

Debido á acción deste insecto xa empezan a ser frecuentes os gromos secos nalgunhas pereiras. Sobre eles, con estas condicións de clima húmido que, segundo as previsións, vanse manter nos próximos días, pode instalarse a botrite, pero en principio non debera xerar problemas.

Gromo de pereira afectado polo torcegromos

MARMELEIRO

Entomosporium maculatum

Incrementouse a presenza de follas con síntomas deste patóxeno, sen dúbida favorecido polos períodos de mollado prolongado das follas. De momento, polo menos nas plantas que observamos, non é necesario tratar pero si incrementar algo máis a vixilancia.

Humidade alta favorece Entomosporium marmeleiroSíntomas de Entomosporium maculatum sobre folla de marmeleiro

CERDEIRA

Monilia (e botrite)

Ao igual que no caso anterior, as condicións meteorolóxicas destes días son moi favorables á monilia, e de feito non é difícil ver cereixas afectadas nas árbores, especialmente nos ramalletes de maio (formacións frutíferas onde maioritariamente están as cereixas) de varios froitos e  a partir dos rachos da pel producidos por diversas causas. Se é posible, é conveniente eliminar estes froitos coa frutificación do fungo, pero tamén hai a opción de aplicar un tratamento cun funxicida autorizado RESPECTANDO SEMPRE O PRAZO DE SEGURIDADE (hai produtos rexistrados que teñen só 3 días).

Monilia en cereixas