INFORMACIÓN FITOSANITARIA 02/05/2018

VIÑA

Mildio

Primeira mancha aceite 2 maio 2018

O día de hoxe, mércores 2 de maio, estamos realizando a nosa visita semanal aos cultivos. De momento, revisamos parcelas en O Salnés e en O Rosal, e en sendas fincas de cada unha destas comarcas atopamos a primeira mancha de aceite. En ningún dos casos as manchas estaban esporuladas (tampouco as condicións de temperaturas nocturnas habidas ata o de agora foron favorables a esta circunstancia).

As diferentes axencias meteorolóxicas anuncian tempo seco a partir de hoxe, con temperaturas aínda baixas de noite pero máis cálidas de día nos días inmediatos pero subindo tamén as mínimas nos días seguintes. Tendo en conta todos estes factores, é necesario extremar ao máximo a vixilancia onde non se detectara mancha, e tratar no resto de casos.

Lembren que cos funxicidas sistémicos ou penetrantes, que son os que se empregan nestes tratamentos, basta con que transcurra unha hora entre a aplicación e as choivas para que o produto penetre nas plantas e poida protexer ás viñas. Ademais, tamén se pode engadir un mollante ao caldo para favorecer a adherencia do funxicida ás plantas