- Avisos anteriores
- 2018
- 2019
- 2020
- 2021
- DEC 18Podas, Tratamientos funxicidas cúpricos, Retirada de trampas para eirugas
- SET 26Viña, Buxo
- SET 14Viña, Buxo
- SET 07Viña, Buxo
- AGO 31Viña, Maceira, Pataca, Buxo
- AGO 24Viña, Maceira e Pereira, Nogueira, Buxo
- AGO 17Viña, Maceira e Pereira, Buxo
- AGO 10Viña, Maceira e Pereira, Buxo
- AGO 03Viña, Maceira e Pereira, Marmeleiro e Buxo
- XUL 27Viña, Maceira e Pereira, Marmeleiro e Buxo
- XUL 20Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Pataca e Tomate, Buxo e Piñeiro
- XUL 13Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Cítricos, Pataca e Buxo
- XUL 06Viña, Maceira, Buxo, Plátano de sombra
- XUÑ 29Viña, Maceira, Marmeleiro, Buxo
- XUÑ 22Viña, Maceira, Kiwi , Cítricos, Buxo, Castiñeiro, Evónimo, Árbores de Ribeira
- XUÑ 15Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Cítricos, Varias plantas da horta, Buxo, Platano de sombra
- XUÑ 08Viña, Maceira, Marmeleiro , Cerdeira, Varias plantas da horta, Buxo e Árbores de ribeira
- XUÑ 01Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Cerdeira
- MAI 25Viña, Maceira, Marmeleiro, Kiwi, Cítricos, Pataca e Camelia
- MAI 22Viña
- MAI 18Viña, Maceira, Pereira, Cerdeira e outros cultivos, Pataca e Buxo
- MAI 11Viña, Maceira, Marmeleiro, Cerdeira, Cameila e Buxo
- MAI 04Viña, Maceira, Cerdeira, Buxo
- MAI 02Viña
- ABR 27Viña, Maceira, Kiwi, Plantas da horta, Buxo
- ABR 20Viña, Maceira, Kiwi, Cítricos, Melocotoeiro, Buxo
- ABR 16Viña, Maceira, Kiwi, Cítricos, Melocotoeiro, Buxo
- FEB 06Varias especies leñosas (Viña, Froiteiras e Ornamentais), Cítricos, Plantas de horta, Buxo e Piñeiro
- ENE 05Frondosas, Froiteiras en xeral e Viña
RECOMENDACIÓNS FITOSANITARIAS 18/12/2018
PODAS
A estas alturas do ano xa hai agricultores que teñen feitas as podas pero outros aínda non as fixeron, e aínda queda marxe de tempo suficiente para practicala (esta operación debe estar acorde coa fisioloxía da cepa, debendo facela en repouso vexetativo). Para aqueles que aínda non podaran lembramos, ao igual que en anos anteriores, unha serie de recomendacións que convén considerar:
- As podas deben facerse sempre en tempo seco e mellor sen vento. Os cortes son vías de entrada para diferentes fungos patóxenos (entre eles algúns dos responsables das enfermidades da madeira), e a sensibilidade destes cortes é maior nas primeiras horas.
- Os cortes deben ser sempre limpos, sen rachos, e o máis verticais posible (nunca horizontais).
- As tesoiras de poda deberían desinfectarse cando menos entre plantas. De non ser así, hai que facelo todas as veces que sexa posible e sempre despois de practicar un corte nunha rama enferma, cuxa sección non terá o ton normal da madeira e ás veces presentará tamén diferente consistencia.
- Sempre que sexa posible hai que sanear as plantas eliminando os brazos ou ramas afectados por cancros ou alteracións da madeira ata alcanzar unha zona limpa e sa. Algunhas plantas enfermas poden renovarse ou recuperarse a partir dun gromo chupón (ladrón) que saia do propio tronco por debaixo da madeira afectada. Tamén existe a opción de limpar ou baleirar as ramas afectadas (ou mesmo o tronco), eliminando a zona podrecida e mantendo soamente a parte externa da madeira ("cambium").
- Se a enfermidade afectase ao conxunto da planta e non hai posibilidade de recuperación, convén retirala e destruíla: sempre é mellor perder unha planta e a súa produción que ter unha fonte de contaminación na parcela.
- Polo mesmo motivo, e aínda que non se teña esa costume, hai que retirar e queimar, ou destruír por outros medios, os restos da poda, sobre todo aqueles de maior diámetro (moitos fungos patóxenos poden sobrevivir na madeira morta das plantas e nos restos de poda abandonados).
- As plantas enfermas deben ser as últimas en ser podadas.
- Especialmente sobre os cortes maiores hai que aplicar unha pasta con funxicida sobre a superficie do corte, chegando ata os mesmos bordes, que soen quedar sen protexer.
Moitos fungos patóxenos (tamén do solo) son oportunistas e polo tanto é moi importante que as plantas estean o máis fortes posible para que poidan facer fronte a unha posible infección. Por iso non esquezan que as condicións do solo deben ser as adecuadas, desde a estrutura física ata a dispoñibilidade de nutrientes
TRATAMENTOS FUNXICIDAS CÚPRICOS
Este outono está a ter episodios bastante continuos de choivas, especialmente o mes de novembro, cando caeron cantidades comprendidas entre 250 e máis de 590 l/m2 en 20-24 días de precipitación segundo as estacións. Por este motivo xa están empezando a aparecer algúns síntomas de patoloxías típicas de períodos moi húmidos nos CÍTRICOS (Phytophthora hibernalis e Phytophthora cinnamomi). Por este motivo, lembren as recomendacións que aportamos habitualmente para estas enfermidades:
- Evitar no posible acumulacións de auga na zonas das raíces (se no verán rebaixaron o nivel do solo facendo un espazo cóncavo para reter a auga de rega, agora hai que desfacer o feito e procurar un suco que permita que a auga circule e non quede retida).
- Retirar periodicamente das árbores todos aqueles froitos que amosen podremias, que estean excesivamente brandos e os que caian ao terreo.
- Aplicar funxicidas de cobre ás plantas (ou fosetil-Al 80% ao solo –á planta tamén na primavera-) cando as condicións de choivas o permitan. Estas aplicacións deben renovarse en máis dunha ocasión, tendo en conta que segundo as previsións meteorolóxicas, este inverno que empeza a finais da semana vai ser moi chuvioso.
Os tratamentos cúpricos recomendados tamén deben aplicarse a OUTRAS FROITEIRAS, DE PEBIDA, DE ÓSO OU AO KIWI. Os funxicidas de cobre débense aplicar a doses altas (pero sempre dentro do rango recomendado na etiqueta) e, como advertimos no caso dos cítricos, deben ser renovados algunha vez máis ao longo do inverno, sempre que as temperaturas non sexan excesivamente baixas e non exista tampouco previsión de xeadas para os días sucesivos.