INFORMACIÓN FITOSANITARIA 13 XULLO 2018

VIÑA

Estado fenolóxico: K - L (75-77 da codificación BBCH)

A fenoloxía non tivo un adianto significativo fronte á semana anterior polo menos nas parcelas da nosa rede de seguimento e máis naquelas que tamén visitamos máis veces, aínda que o número de acios que se aproximan (ou que mesmo o acadan) o peche vai incrementándose

10xullo18_Estado fenoloxico viña Salnes12xullo18_Estado fenoloxico viña Rosal

Mildio

As condicións climáticas rexistradas estes días foron algo menos favorables ás infeccións que as pasadas: aínda que as temperaturas nocturnas, claves para a esporulación do fungo, continuaron altas (mínimas por riba dos 14-15 ºC, acadando ata os 18-19 en varias estacións do sur da provincia), a humidade relativa foi en xeral algo máis baixa e tamén houbo menos horas de humidade foliar. Deste xeito, foron menos os días nos que houbo horas suficientes coa coincidencia destes factores, o que tamén provocou un descenso paralelo no número de esporanxios do fungo recollidos no captador que temos entre as filas de plantas testemuña da nosa finca de Areeiro: se o valor máximo na última semana de xuño foi 1112 esporanxios/m3 (día 25) e na semana pasada,  3040 esporanxios/m3 (1 de xullo), estes días o maior volume de esporanxios foi 975 o día 7 de xullo.

grafica do captador de esporas

Gráfica do captador situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA (colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense – Universidade de Vigo). En granate, semana anterior; en verde, semana actual

Con estas condicións, tamén nas fincas revisadas esta semana observamos unha situación bastante tranquila en xeral. Así, os síntomas en acio nas parcelas onde existían non avanzaron, e nas follas só se aprecia algunha que outra mancha nova nalgunha folla tenra. Tampouco na folla das plantas testemuña (os acios xa están case totalmente destruídos) apareceron moitas manchas, aínda que a totalidade delas presenta esporulación.

Neste momento, as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anuncian continuidade de tempo algo inestable e cambiante, e non coinciden entre si no/s día/s de precipitación máis probable nin na súa contía (aínda que todas falan de certa choiva estes próximos dous días). Tampouco coinciden na dirección dos ventos nin nas temperaturas, pero en xeral apuntan a que vanse manter elevadas para as mínimas e moderadas-altas para as máximas.

Consecuentemente, e aínda que a situación xeral pareceu estabilizarse esta semana, non se debe descoidar a vixilancia dos viñedos para actuar segundo as necesidades, tanto polo nivel de inóculo previo, que pode xerar novos síntomas, como pola situación agronómica particular. Neste último sentido, normalmente as fincas con maior presencia de síntomas son aquelas menos aireadas por unha inadecuada xestión da vexetación, xa sexa da propia viña como da vexetación do solo: este ano, con momentos repetidos de inestabilidade climática e un desenvolvemento excesivo da parte verde, insistimos unha vez máis que as esfollas, podas en verde e as rozas son fundamentais.

 

Cando fagan as esfollas procuren non deixar os pampos completamente nus na zona dos acios: deben facerse estas operacións moderadamente.

No caso das parras, nas podas en verde e nas esfollas é tamén moi importante este ano eliminar parte da vexetación superior para permitir que o aire penetre tamén desde a zona superior e non só lateralmente. Neste sentido, na finca do Rosal cun forte ataque de mildio á que faciamos referencia no aviso anterior, á melloría que observamos nesta revisión tamén puido contribuír a eliminación da vexetación que impedía a ventilación en todos os sentidos.

Vista lateral emparrado con vexetacion que impide ventilacionPoda verde e esfollas mellorou estado sanitario parcela
12xullo18_En xeral mildio ocupa pouca superficie acio12xullo18_Hai poucos acios con mildio activo12xullo18_En xeral mildio non avanzou12xullo18_So manchas mildio en follas tenras12xullo18_Esporulado mildio en gromo testemuña

Oídio

As prácticas culturais para facilitar a aireación dos acios están descubrindo como algúns deles presentan grans afectados. A estes acios seguro que non chegaron os tratamentos debido á frondosidade que en xeral teñen as plantas este ano. En todo caso, e segundo as nosas observacións, a situación está bastante tranquila a nivel das variedades brancas, pero aínda así hai que manter a vixilancia e continuar as labores de ventilación dos acios. Nas variedades tintas, sobre todo naquelas máis sensibles, hai maior porcentaxe de grans afectados, e mesmo algúns xa están totalmente cubertos polo micelio do fungo. Canto aos posibles tratamentos, nas variedades brancas renóvennos se fan unha intervención fronte ao mildio, sobre todo en fincas con variedades sensibles e con presencia de síntomas. Nas tintas, o nivel de vixilancia debe ser maior, e mesmo convén renovar o tratamento naquelas viñas máis afectadas, pois tamén o nivel de luz e as néboas que hai estes días son moi favorables ao fungo.

Esfollas descubriron acios con oidio10xullo18_Oidio en variedade tinta sensibleDaños de oidio en racimo de tinta muy sensible

Botrite

Novamente temos que falar de ausencia de síntomas da enfermidade tanto nas nosas parcelas de seguimento como naquelas outras que visitamos nos nosos recorridos semanais. A esta situación sen dúbida contribúe a ausencia xeral de feridas nas uvas, pois sabemos que non só as condicións climáticas inflúen na aparición de focos desta enfermidade. De feito, o observado é aplicable tanto ás plantas de Albariño (a práctica totalidade das que hai nas fincas revisadas) como a aquelas de variedades máis sensibles, como Treixadura, Godello ou Loureira, que hai nalgunhas fincas.

Porén, a presencia de acios completamente danados e xa practicamente secos nas plantas testemuña é probablemente a causa de que o volume de esporas recollido no captador que temos entre as filas que non tratamos se incrementara sensiblemente esta semana.

grafica do captador de esporas

Gráfica do captador situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA (colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense – Universidade de Vigo)

Naqueles casos nos que a situación coincida coa observada por nós, non será necesario aplicar o tratamento preventivo antes do peche total do acio que normalmente vai dirixido a protexer as penetracións larvarias de couzas da segunda xeración, máis tendo en conta que este ano quizás estea adiantado o peche fronte ao ciclo das couzas. Por iso, a nosa recomendación é a revisión dos viñedos, que debe ser maior en fincas pouco ventiladas e con retencións de humidade, así como naquelas compostas principalmente por variedades sensibles.

Nesta semana fomos ver unha das fincas do Salnés onde nos informaran de acios afectados a semana anterior e practicamente non había danos, posiblemente pola retirada da maior parte dos danados

Sintoma detectado no Salnes desde 4 xulloDetalle de gran con sintoma detectado SalnesNalguns grans aparecen conidioforos botrite

Black rot

Continúan sen aparecer síntomas, e de feito pensamos que xa é pouco probable que aparezan aínda que se manteña o clima húmido e os grans aínda sexan receptivos.

...as manchas de black rot soen ser redondeadas...pero non sempre

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

As capturas nas trampas da nosa rede mantivéronse esta semana en niveis baixos (máximo 13 machos recollidos), aínda que en xeral si se notou un incremento do voo. Porén, para unha boa estimación do risco da praga hai que observar tamén os síntomas nos acios, que en xeral non son tan visibles como os da primeira xeración (niños ou glomérulos), pois as postas son moi pequenas e as penetracións larvarias pouco visibles ao principio da súa aparición. Por iso hai que facer revisións en detalle. Na que fixemos aos acios nas fincas que visitamos, de momento non atopamos síntomas (tamén as capturas eran moi baixas), pero recomendamos incrementar a vixilancia, pois na próxima semana esperamos que algún debera aparecer.

Posta de Lobesia botrana en acio de AlbariñoOrificio de penetración dunha eiruga de couzaCambio na coloración do gran como consecuencia da penetración dunha couza no interior do acio

Cicadélidos

Seguimos tendo niveis baixos de capturas nas trampas (e sobre todo son de Zygina  rhamni), e de feito nas trampas que substituímos a semana anterior apenas tiñamos máis que 10-30 adultos por trampa. Pola súa banda, os niveis de ninfas nas follas tamén son escasos. Aínda así, hai viticultores que xa falan de síntomas de "mosquito verde" a consecuencia da observación de marxes amarelos secando nalgunhas follas, pero non hai que esquecer que esta sintomatoloxía non é específica e pódese confundir con seca, deficiencias nutricionais, alteracións fisiolóxicas, acidez, etc., que sen dúbida son a causa actual deses síntomas.

A 12 xullo hai trampas que practicamente non teñen cicadelidos12xullo18_Apenas capturas cicadelidos en trampa dunha semana de colocacionNinfa de Emposaca vitis no revés da folla

Ácaros

Observamos esta semana un incremento importante na presencia de erinose de veran, o cal xa é unha situación habitual nas últimas campañas. De todas formas, lembren que non son necesarios os tratamentos fronte á raza deste ácaro que temos en Galicia.

12xullo18_Erinose de veranErinose en planta abandonada

Otros

Co avance da campaña continúan aparecendo síntomas de alteracións de madeira nalgunhas viñas. Pola súa banda, a presencia de Altica na nosa parcela de Vide e de trips nas viñas nas que se detectaran está estabilizada.

Sintomas alteracions de madeira co avance da campañaAlgunhas follas con sintomas Altica en VideConfirmouse presenza de trips nestas follas

MACEIRA

Moteado

Esta semana non atopamos síntomas novos nas nosas parcelas de seguimento, pero as previsións de continuidade de tempo inestable obrigarán a manter a vixilancia e mesmo a renovar as intervencións naquelas variedades con presencia de síntomas.

Manchas de moteado en folla maceira13xuñ18_Varios sintomas moteado

Couza da mazá (Cydia pomonella)

Nalgunhas trampas as capturas superan o limiar de tratamentos e mesmo observamos algún síntoma novo na escasa froita que, en xeral, hai nas árbores. Ao marxe de manter aínda a protección, xa é bo momento para iniciar a colocación das bandas de cartón ondulado arredor do tronco das árbores a modo de trampa para as eirugas.

Pie de manzanoBanda de cartón para utlizarOndulaciones donde quedarán atrapadas las larvasColocación del cartónProtección del refugio (cartón) frente a la lluviaProtección del refugio (cartón) frente a la lluviaResultadoTrampa (refugio) instaladaTrampa (refugio) instalada

Araña vermella

Co avance do verán empezará a ser frecuente atopar plantas sensibles co síntoma característico deste ácaro (un bronceado das follas que mesmo se pode ver a certa distancia). De feito, aínda que nas nosas parcelas de seguimento non hai síntoma algún, si recibimos as primeiras mostras. Lembren que se teñen a necesidade de aplicar un tratamento deben elixir produtos con curto prazo de seguridade nas variedades máis temperás.

Araña vermella 30x en folla de maceiraDetalle da coloración típica do ataque de araña vermellaAspecto bronceado das plantas por ataque de araña vermella

FROITEIRAS DE ÓSO

Mal do chumbo (Chondrostereum purpureum)

Estamos a ter varias consultas de particulares que observan nas súas plantas a coloración prateada nas follas característica desta enfermidade vascular, que afecta a moitas destas árbores despois das primeiras podas (os cortes son as portas de entrada do fungo). Ademais da cor prateada das follas, estas chegan a secar, e tamén os gromos das ramas afectadas son máis pequenos, e secan co paso do tempo, facéndoo despois a totalidade da rama e, finalmente, da árbore. Por outra banda, as veces pódense ver os corpos frutíferos do fungo sobre a madeira.

As ramas afectadas (no caso dun ataque localizado, que xeralmente non é o máis frecuente) ou as árbores danadas deben ser eliminados no período estival (e mellor en tempo seco) para reducir o nivel de inóculo presente na parcela. Ademais, INMEDIATAMENTE DESPOIS DE CADA CORTE (non despois de ter podada a planta enteira) hai que aplicar unha pasta funxicida e, ANTES DE PODAR A SEGUINTE RAMA, hai que desinfectar moi ben as tesoiras. Finalmente, TODOS OS RESTOS PODADOS deben ser retirados da finca. Estas mesmas recomendacións son aplicables ás MACEIRAS e PEREIRAS que presenten CANCRO.

 

Póla de mirabel con síntomas do mal do chumboÁrbore de mirabel afectada polo mal do chumboCarpóforo de Stereum

CÍTRICOS

Pulgóns

Están a observarse colonias de  áfidos nos gromos de moitos cítricos, quizás este ano en maior medida que a psila africana. 

Colonia de Toxoptera aurantii en gromo de limoeiroColonia de Toxoptera sp no revés da folla do limoeiroColonia de Toxoptera sp en poliña do limoeiro

PATACA

Mildio

Como era de esperar polas condicións climáticas deste ano, nalgunhas plantacións hai síntomas novos deste patóxeno. Por este motivo, SE NON SE VAN LEVANTAR NOS PRÓXIMOS DÍAS, haberá que renovar os tratamentos.

Daños de mildiu en finca de patataEsporulacion mildio pataca

Escaravello e pulguiña da pataca (Epitrix spp.)

Tamén nalgunhas plantacións hai poboacións importantes de escaravello (adultos e postas basicamente) que, se non se controlan, poden chegar a eliminar case toda a parte verde da planta. Pola súa banda, nas plantacións menos afectadas poden observarse síntomas de diferente intensidade das pulguiñas. Non esquezan que se van recoller pronto as patacas e aínda así teñen a necesidade de tratar, DEBEN RESPETAR ESTRICTAMENTE O PRAZO DE SEGURIDADE DO PRODUTO ELIXIDO.

BUXO

Cydalima perspectalis

A presencia de síntomas en sebes/plantas de varias comarcas está empezando a ser notoria, coincidindo co incremento do tamaño das eirugas. Se non o fixeron aínda e non fan revisións nas súas plantas, é conveniente que apliquen un tratamento para evitar as fortes defoliacións que poden provocar.

12xullo18_Eiruga e sintomas CydalimaBrote boj con daño de C. perspectalisHilos de seda de las larvas de Cydalima uniendo dos brotes