Publicador de contidos

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 25 MAIO 2018

VIÑA

Estado fenolóxico: (G) - H [(55)-57 da codificación BBCH]
En prefloracion e sempre en xeral hai que evitar estas situacións

As temperaturas nesta semana non foron tan elevadas como na semana anterior, e por iso a fenoloxía da viña non avanzou substancialmente. Aínda así, en fincas especialmente adiantadas xa empezan a observarse acios de Albariño iniciando a floración, pero de xeito moi esporádico.

Debido á sensibilidade das plantas a moitas patoloxías na contorna da floración, e ao tempo inestable que caracteriza esta primavera, é fundamental, case tanto como os tratamentos, a adopción de medidas culturais preventivas, e entre elas o bo control da vexetación que acompaña ás viñas

 

 

Mildio

As condicións climáticas desta semana están sendo favorables ao patóxeno, ao darse temperaturas suaves-altas (mesmo as nocturnas, como esta noite en que se superaron os 16ºC de media na maioría das estacións consultadas) e elevada humidade. O inicio deste episodio (e as novas previsións meteorolóxicas) condicionou que adiantaramos a nosa visita semanal ao Salnés ao martes 22 e que ese mesmo día emitiramos un aviso fitosanitario extraordinario.

O mércores 23 visitamos as outras comarcas e a situación observada foi similar á do Salnés, aínda que nalgunhas fincas que visitamos no Rosal a incidencia de manchas era superior, e mesmo nesas fincas atopamos algún acio coa esporulación do fungo.

No momento da elaboración desta información, as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas continúan anunciando unha situación de inestabilidade atmosférica con probabilidades elevadas de precipitacións, máis hoxe venres e mañá sábado pero en xeral ata o mércores. Ademais, prevén que as temperaturas mínimas continúen a ser altas, polo que o risco de mildio será elevado. A maioría dos viticultores xa teñen tratado nesta semana, pero para os que non o fixeran aínda teñan en conta que as condicións continuarán a ser moi favorables e que deben aplicar un tratamento o antes posible, aproveitando momentos de claros e engadindo un mollante para facilitar a adherencia do produto á planta.

Sexa cal sexa a situación, nestes momentos de prefloración e polo tanto de elevada sensibilidade da planta ás infeccións, adquire aínda máis importancia verificar que os tratamentos aplicados sexan eficaces, por se hai que repetir a intervención ao comprobarse que continúa o avance da enfermidade.

En caso de ter que renovar os tratamentos procuren alternar materias activas con diferente modo de acción. Ademais, non esquezan manter a maquinaria de tratamento en perfecto estado, controlando que o caudal das  boquillas, a presión de traballo, etc. sexan os adecuados

Hai manchas que parece que estan curandopero que teñen esporulacion viableEsporulacion de mildio en acio en prefloracion22maio18_Primeira mancha mildio en variedade tinta pouco sensible

Oídio

As condicións de temperatura, humidade e luminosidade están sendo estes días moi favorables ao fungo, pero aínda así non observamos novos síntomas, nin nas plantas das parcelas da nosa rede (que aínda non recibiron o primeiro tratamento) nin nas doutras fincas que visitamos. Porén, o período de prefloración é un momento no que as viñas soen presentar elevada sensibilidade aos ataques deste patóxeno, polo que se aconsella incrementar a vixilancia.

9maio18_Oidio apenas perceptible en folla de variedade tintaUncinula necator - Síntoma incipiente

Black rot

Atopamos novas manchas na nosa parcela de seguimento de Vide (O Condado) sen dúbida pola elevada humidade destes días. De todos os xeitos, a súa incidencia non xustifica a realización dun tratamento. Incrementar a vixilancia, máis considerando que permanecerá o tempo inestable e que a maior sensibilidade dos acios a esta enfermidade comeza precisamente nestes momentos.

...as manchas de black rot soen ser redondeadas...pero non sempre

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

As capturas de machos de Lobesia botrana continúan en niveis baixos nas trampas da nosa rede de seguimento. Porén, nesta semana observamos nunha das nosas fincas do Rosal os primeiros glomérulos (niños da actividade das eirugas), que coincidiron en dous acios que estaban iniciando a floración. Lembren que non é habitual facer tratamentos fronte a estas pragas nesta primeira xeración, e que só estarían xustificados se na observación de 100 acios ao chou se atopasen máis de 100 glomérulos.

23maio18_Primeiros glomerulos vistos O RosalGlomerulo en viña Rosal abrindo flores

Cicadélidos

Mantívose en niveis extremadamente baixos a incidencia destes insectos, tanto nas trampas (adultos) como nas follas (larvas ou ninfas).

Capturas illadas de cicadelidos Zygina pero non Empoasca

Ácaros

Aínda non atopamos os primeiros síntomas ou individuos do ácaro da acariose (Calepitrimerus  vitis) nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na Estación. Pola súa banda, a presenza de  erinosis continúa en niveis similares aos de semanas anteriores.

Sintomas de erinose no inicio da vexetacionNalgunha finca se incrementou incidencia de erinose

Outros

Esta semana non observamos máis plantas con síntomas de alteracións da madeira na visita aos viñedos. Canto a insectos, o díptero Janetiella oenephila, ao que non fixeramos referencia ata o momento debido a que só aparecía en follas moi puntuais dalgunhas fincas, incrementou a súa presenza. Porén, non causa danos polo que non é preciso sequera prestarlle importancia.

Sintoma de enfermedad de maderaBugallas de Janetiella pola face

 

MACEIRA

Moteado

O risco de infección é elevado estes días (temperaturas suaves-altas e humidade tamén alta) e seguirá séndoo no caso de que continúe a climatoloxía inestable como anuncian as previsións meteorolóxicas. Estas condicións favorecen tamén a aparición de síntomas en pereira.

A humidade elevada favorece ao moteadoMancha de moteado en enves de folla en pereiraA humidade elevada favorece ao moteado tamen en pereiraº

Pulgóns

Na finca de maceiras que hai no Castelo de Soutomaior, e que incorporamos a partir de agora novamente á nosa rede de seguimento, algunhas plantas presentan gromos con colonias de pulgón cincento. No resto de fincas non as topamos pero si é xeral a presenza de pulgón verde que, fronte ao anterior que pode causar deformación de froitos, practicamente só deforma as follas.

Colonia de pulgon cincento en folla de maceiraAs colonias de pulgon verde e outros atraen as formigas

Couza da mazá (Cydia pomonella)

O número máximo de capturas de machos nas trampas que temos instaladas foi de dous na nosa finca de Areeiro. Segundo esta cifra aínda non habería que tratar pero a subida de temperaturas nocturnas que se está rexistrando pode favorecer a posta, polo que hai que incrementar a vixilancia. 

En todo caso lembren que as poboacións desta praga poden variar entre parcelas próximas polo que sempre é recomendable instalar unha trampa ou, no seu defecto, manter a protección das plantas ao longo de todo o ciclo 

Instalacion de trampa delta en manzano al inicio de campañaPrimeras capturas de Cydia pomonella en trampa de feromonas

MARMELEIRO

Entomosporium maculatum

Están a aparecer os característicos síntomas producidos por este fungo, que pode provocar unha  defoliación prematura das árbores caso de continuar o seu avance, que está favorecido pola humidade elevada. Como parece que esta situación vai durar ata ben entrada a semana, será necesario incrementar a vixilancia.

Humidade alta favorece Entomosporium marmeleiro

KIWI

Bacterioses

O tempo húmido é moi favorable a estas patoloxías. Por iso, é necesario manter as plantas protexidas polo menos ata a apertura da flor, que nalgunhas zonas xa está a iniciarse.

Sintomas de PSA en hojaAtaque de Pseudomonas syringae en kiwi

CITRICOS

Varios insectos chupadores

Os gromos tenros que hai na actualidade na maioría das plantas destas especies estimulan a aparición de colonias de diferentes especies de áfidos, de ovos e ninfas da psila africana e tamén dos diferentes estados das moscas brancas. Sabemos que estes insectos debilitan as plantas, deforman as follas e favorecen a instalación de fungos de fumagina polo que hai que revisar as plantas para avaliar se procede un tratamento insecticida orientado a este tipo de insectos.

Os gromos estimulan a aparicion xeralizada de colonias de afidos e ovos de TriozaMoscas brancas en follas de laranxeiroRamillo de naranjo con ninfas jovenes de mosca blancaMandarino con elevada presencia de mosca blanca y negrilla asociada

PATACA

Mildio

Despois deste episodio de tempo húmido haberá que tratar fronte a esta patoloxía. Ademais, non esquezan que tamén neste caso é fundamental favorecer no posible a aireación das plantas, por exemplo controlando as malas herbas tanto no interior como nas marxes das plantacións.

Brote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiuEsporulación de mildiu en racimo de planta testigo_24junio2014

CAMELIA

Pulgóns

No aviso do día 11 de maio alertabamos da aparición das primeiras colonias de pulgón  nos gromos de camelia, pero agora a súa presenza é habitual nas diferentes zonas. Debido á incidencia que estes insectos poden ter sobre o valor ornamental da planta, débese proceder ao seu control.

Os gromos de camelia atraen aos pulgonsColonia de pulgon en brote de camelia y presencia de hormigas