AVISO FITOSANITARIO EXTRAORDINARIO 22/05/2018

VIÑA

Mildio

Cando emitimos o anterior aviso fitosanitario (venres día 18) as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anunciaban tempo estable. Porén, na actualidade todas elas prevén precipitacións, de contía variable segundo zonas e axencias, e mesmo posibilidade de tormentas, ademais de temperaturas nocturnas suaves. Por outra banda, no fin de semana e mesmo estas últimas noites, rexistráronse condicións favorables á esporulación.

Con  esta situación, adiantamos a nosa visita a algúns dos viñedos ao día de hoxe, e estamos detectando nalgún deles manchas esporuladas (poucas iso sí) que sen dúbida xerarán novas contaminacións coas choivas previstas. Do mesmo nos informaron outros técnicos, polo que é aconsellable aplicar un tratamento, en especial naquelas viñas nas que estea próximo a concluír o período de protección teórico da aplicación anterior.

Esporulacion en mancha tras 9 dias do tratamentoAlgunas manchas incipientes no son faciles de detectar