É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 17 de marzo

VIÑA

Maduración da oospora de mildio

Xerminación das primeiras oosporas

Acabamos de verificar a maduración da primeira oospora ou ovo de inverno do mildio. O mesmo feito foi confirmado, pero uns días atrás, por un modelo matemático que usamos no proxecto Plasmowine. A nivel xeral, as viñas aínda están pouco desenvolvidas, e de feito moitas están en xema inchada ou punta verde, pero temos algunhas informacións de parras abrigadas con gromos máis crecidos. Coa climatoloxía que estamos a ter, nos próximos días haberá que ir comezando a vixilancia nas viñas máis desenvolvidas.

 

Plasmowine