É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 04-08-2023

A información que aportamos nos nosos boletíns fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutros predios que visitamos nos nosos percorridos e tamén nos datos que nos aportan diferentes persoas (técnicas e viticultoras). Con todo, hai que revisar sempre cada situación particular, pois pode haber diferencias, e só analizando o estado de cada predio poderemos lograr, entre todos, unha mellor xestión dos nosos cultivos

VIÑA

Estado fenolóxico: M1 - M2 [BBCH: 81-85]

Estamos xa na recta final da campaña, coas uvas cunha cor e un brillo que, nalgúns casos, fan entrever a posibilidade dunha vendima máis temperá da habitual. De feito, a maioría das grandes adegas xa estableceron as datas límite de tratamentos para finais desta semana ou comezos da próxima. Nos casos en que non haxa limitación específica da data de último tratamento, lembren que é imprescindible respectar o prazo de seguridade dos fitosanitarios que se utilicen en potenciais aplicacións que se realicen a partir de agora.

20230801_Cor dourada en acio albariño

Canto aos valores de grao alcohólico, nas uvas recollidas esta semana entre as máis brillantes dos acios dalgunhas viñas (atención!: baixo a choiva no caso das comarcas de Condado e Rosal) obtivemos os seguintes valores, que aportamos só a modo de referencia:

COMARCA

ZONA

GRADO ALCOHÓLICO

Condado

Corzáns

Meder

7

8,34

Rosal

Eiras

Goián

6,99

6,47

Salnés

Barrantes

Castrelo

Modia

9,20

8,86

9,13

 

Mildio

Coa entrada no pintado, a uva xa non é sensible ao patóxeno, e só poderán aparecer síntomas na vexetación e nos acios rebuscos dos brotes coñecidos como netos. De feito, na revisión desta semana ás viñas foi onde os atopamos, e temos que dicir que de xeito bastante illado, a pesar das condicións favorables que se seguiron a dar todos os días pola combinación de temperaturas e humidade. Tamén a pesar desas condicións, os esporanxios recollidos no captador que temos nas plantas testemuña de Areeiro foron menos coa da semana anterior.

20230802_Manchas_en_gromo_terminal20230802_Micelio mildio en gran rebusco

 

Concentración diaria de esporas

Segundo as previsións das diferentes axencias meteorolóxicas consultadas, nos próximos días estaremos baixo a influencia dun anticiclón, con temperaturas máximas elevadas e ventos do norte ou nordés. As temperaturas mínimas tamén serán altas en xeral. Con esta situación, non debería haber problemas de aparición importante de manchas de aceite e/ou de síntomas na madeira, aínda que as choivas destes días pasados (que nalgunhas comarcas chegaron a superar os 20 l/m2 e en xeral pasaron de 10) si provocarán sintomatoloxía nova. Deste xeito, en principio non será necesaria ningunha intervención máis que, opcionalmente, nos predios que tiveron fortes ataques nesta campaña se a densidade de manchas é tan elevada que pode provocar defoliación e comprometer por tanto a maduración en curso.

Oídio

Unicamente observamos síntomas illadamente en follas novas de plantas testemuña sen tratamentos (sobre todo de variedades tintas susceptibles). Con todo, co pintado xa non se producirán danos á uva.

Micelio de oidio en haz de variedad tinta

 

Botrite e outras podres

As precipitacións que se deron estes días provocaron un rápido incremento de tamaño dos grans que en ocasións fixo rebentar a pel dos mesmos. Amais, tamén nalgún predio atopamos, como veremos despois, máis perforacións de eirugas de Lobesia que en toda a campaña, e as uvas atacadas por paxaros tamén se incrementaron. Estas feridas, xunto coa alta humidade debida ás choivas, así como as temperaturas medias por riba de 19-20ºC, deron lugar á aparición de micelio en acios de moitas viñas. Co tempo seco que se prevé non debería haber maiores problemas a curto prazo, pero as condicións poden variar e tamén hai que ter en conta o orballo. Por estas causas, se non se aplicou ningún antibotrítico, é recomendable facelo. No Rexistro de produtos fitosanitarios do Ministerio existen funxicidas autorizados para o control desta enfermidade con características e prazos de seguridade moi diferentes, o que debe ser considerado en cada caso concreto segundo o estado de maduración das uvas e tamén a presenza actual de síntomas e/ou feridas nos grans.

20230802_Choivas provocaron que algunhas uvas rebentasen Instalación de botrite en gran con racho por choiva 20230802_Acio con micelio de botrite

Avelaíñas da uva (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Nunha das viñas onde temos instaladas trampas de feromona e onde durante toda a campaña houbo capturas mínimas de Lobesia botrana,  observamos esta semana un número proporcionalmente elevado de ovos,  perforacións de grans e penetracións que non podemos explicar á vista dos datos de capturas. As feromonas foran cambiadas recentemente, polo que tampouco debería ser esa a razón; porén, por se houbera un fallo na cápsula onde ven impregnada a feromona, engadimos unha nova na trampa. De xeito excepcional, nesa parcela aplicouse onte xoves un tratamento insecticida autorizado porque é unha viña onde tradicionalmente hai problemas de botrite pola súa situación, mestura de variedades e outras circunstancias, e as feridas causadas pola praga incrementarán a incidencia do patóxeno si se dan condicións meteorolóxicas favorables de aquí á vendima.

Gran con perforacións eiruga Lobesia Cambio de cor en gran por penetración Lobesia

Cicadelidos

Novamente temos que falar dunha baixa cantidade de adultos de Empoasca vitis recollidos nas trampas e tamén de reducido número de ninfas nos recontos de follas que realizamos. De Scaphoideus titanus segue a haber capturas nas trampas salvo, en xeral, naquelas viñas onde se realizaron os tratamentos insecticidas recomendados. A loita  contra este insecto é un dos escasos medios de loita que existen contra a flavescencia dourada, e as poboacións deste insecto vector que queden este ano estarán fortemente relacionados coas da campaña seguinte e polo tanto coa dispersión da enfermidade.

Adulto de Scaphoideus titanus en trampa amarela S. titnus pode confundirse con outros e na imaxe so 1 dos 5 insectos resaltados o é

FROITEIRAS DE ÓSO

Mal do chumbo

Nestes días xa se pode ver nalgunhas árbores a coloración prateada nas follas característica desta enfermidade vascular, que afecta a moitas especies na nosa zona, debido á climatoloxía húmida e aos cortes de poda, que son portas de entrada do fungo. Ademais da cor prateada das follas, estas chegan a secar, e tamén os gromos das ramas afectadas son máis pequenos, e secan co paso do tempo, facéndoo despois a totalidade da rama e, finalmente, da árbore. Por outra banda, as veces pódense ver os corpos frutíferos do fungo sobre a madeira.

As ramas afectadas (no caso dun ataque localizado) ou as árbores danadas deben ser eliminadas no período estival (e mellor en tempo seco) para reducir o nivel de inóculo presente na parcela. Ademais, INMEDIATAMENTE DESPOIS DE CADA CORTE (non despois de ter podada a planta enteira) hai que aplicar unha pasta funxicida e, ANTES DE PODAR A SEGUINTE RAMA, hai que desinfectar moi ben as tesoiras. Finalmente, TODOS OS RESTOS PODADOS deben ser retirados da finca. Estas mesmas recomendacións son aplicables ás MACEIRAS e PEREIRAS que presenten CANCRO.

Cor prateada en gromo de arbore con mal do chumbo Árbol de mirabel afectado por el mal del plomo Carpóforo de Stereum

VARIAS FROITEIRAS

Fungos de podremia

Baixo moitas árbores de variedades en maduración hai froita caída ao solo, ou aínda na árbore, con podres debido a feridas diversas (por rachos, por alimentación das avespas...). Esta froita podre debe ser eliminada para evitar máis contaminacións e para impedir que estes froitos podan servir de zona de posta para as moscas da froita.

Ameixas podres nas árbores deben ser eliminadas A froita caída ao solo debe ser retirada

HORTÍCOLAS

Varios parasitos

Os restos vexetais son o soporte que utilizan varias pragas e patóxenos para pasar o inverno. Por iso, agora que se están a levantar algúns destes cultivos, aconsellamos que se eliminen estes restos para reducir a problemática que se poida ter o próximo ano.

Restos de cultivo que deben ser eliminadosEpitrix similaris