Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 09 XUL 2020

Para elaborar a información e recomendacións que se aportan pártese das revisións realizadas ás nosas parcelas de seguimento e a outros predios que visitamos e tamén dos datos que, ás veces, nos proporcionan outros técnicos e viticultores. Por iso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR POIS PODE VARIAR, non só polas condicións do entorno senón tamén polas actuacións ou prácticas que se realizan en cada caso.

VIÑA

Estado fenolóxico: K - L [(75)-77-79 da codificación BBCH]
20200708_Estado acios en variedade Loureira

As elevadas temperaturas destes días axudaron a que evolucionase ben a fenoloxía da viña nas diferentes variedades, e así o estado dominante é xa o peche do acio. Ademais, segundo as previsións meteorolóxicas parece que se manterán estas condicións, e por iso nas variedades máis adiantadas e nas comarcas máis calorosas pronto empezará o pintado.

Mildio

En ningunha das viñas que revisamos esta semana observamos novos síntomas nos acios ou zonas de avance nas manchas antigas que había nas follas, independentemente do tempo transcorrido desde o tratamento anterior no caso de ser coñecido este dato que, nalgunhas parcelas da nosa rede de seguimento habitual, é de ata máis de 15 días (nos que unicamente se fixeron rozas, despuntes e/ou limpeza de netos).

20200708_So restos de acios atacados sen frutificacion mildio20200708_Sintomas mildio ben controlados en xeral

Porén, en todas elas había novas manchas lixeiramente frutificadas, máis ou menos illadas, nas follas tenras dos crecementos sen protexer.

20200708_Mancha nova crecemento non protexido20200708_Manchas novas lixeiramente frutificadas20200708_Manchas recentes viña moita vexetacion

En realidade, era a situación que esperabamos atopar debido ás condicións ambientais maioritarias destes días, con ventos secos do norte ou do nordés durante boa parte do día e mesmo da noite, con humidade relativa non elevada e sen humidade foliar malia que as temperaturas nocturnas foron máis que favorables ao fungo. Porén, a noite do mércores, e tamén esta nalgunha comarca, especialmente do sur da provincia, si houbo xa varias horas de humidade foliar, pero tamén nalgún caso as temperaturas sufriron un lixeiro descenso a pesar de ser aínda compatibles coa frutificación do fungo. Aínda así, tamén é certo que durante o día están a rexistrarse varias horas de temperaturas próximas ou superiores aos 30ºC unidas a humidades do 30-60%, co que a vitalidade dos esporanxios é menor.

Para os próximos días as previsións das diferentes axencias meteorolóxicas indican a permanencia de condicións moi semellantes ás que temos (salvo dúas delas, que anuncian alta probabilidade de precipitación -en principio escasa- para domingo), co que en xeral o risco de infección manterase relativamente baixo. Con todo, os acios aínda son sensibles ao fungo polo que debe manterse a vixilancia, que debe ser máis intensa naquelas viñas onde o inóculo está sendo elevado ao longo da campaña por un control insuficiente da enfermidade e tamén se volve haber néboas ou mesmo as perigosas tormentas locais que poida haber cando hai días tan cálidos, en cuxo caso habería que intervir.

UNHA VEZ MÁIS TEMOS QUE INSISTIR NA IMPORTANCIA, NESTA ÉPOCA, DAS PRÁCTICAS CULTURAIS QUE FAVOREZAN A VENTILACIÓN NAS VIÑAS, que en todo caso deben garantir que os acios poidan continuar o seu desenvolvemento normal e que estean protexidos do sol directo

Oídio

Tamén coincidiu en case todas as viñas visitadas a presenza de acios con algúns grans afectados por este fungo, e mesmo dous dos predios visitados requirirían unha aplicación inmediata. As condicións ambientais destes días foron e están a ser moi favorables, e por iso tamén esperabamos que puideramos atopar esta situación. Ao chegar ao peche vai diminuíndo progresivamente a sensibilidade dos acios a este patóxeno pero aínda poden verse afectados e comprometer a colleita. Por este motivo, a vixilancia debe ser aínda estrema e mesmo é preciso renovar as aplicacións se hai acios afectados, en especial se a variedade é moi sensible ao patóxeno e hai historial de danos.

No caso do oídio tamén é fundamental evitar o exceso de vexetación na contorna das viñas para favorecer a aireación en xeral e facilitar a penetración dos funxicidas que poidan aplicarse, cos que hai que conseguir mollar completamente a superficie dos acios

20200708_Algunha viña bastantes acios oidio20200708_Grans con oidio

Black-rot

A incidencia dos síntomas que estabamos a observar nas plantas abandonadas mantívose estable fronte á semana anterior, e tampouco nas viñas sometidas a tratamento notamos cambio algún. 

20200623_Sintomas black rot viña abandonadaPicnidios black rot visibles como puntiños negrosVista parcial acio síntomas mais iniciais black rot

Botrite

As  condicións meteorolóxicas destes días que, segundo se prevé, van manterse nas próximas xornadas, non favorecen ao fungo. Ademais, mesmo as variedades máis sensibles presentan, polo de agora, os acios ben sas en xeral, a excepción dalgún rachado fisiolóxico illado, polo que a curto prazo non se espera a aparición de síntomas.

A variedade Treixadura é moi sensible á podre polas características dos seus aciosEste rachado fisiolóxico é unha ferida pola que pode entrar botrite

Alteracións da madeira

Despois de dúas semanas anunciándoo, o estrés derivado das altas temperaturas provoca que continúen a aparecer plantas amosando os síntomas característicos destas patoloxías, sobre todo naqueles predios nos que hai unha boa incidencia de plantas afectadas desde hai anos, o que demostra unha vez máis a importancia dunha boa xestión das podas. Unha vez máis, insistimos en que é moi conveniente eliminar e destruír brazos e plantas mortos.

20200623_A calor facilita expresión síntomas madeira20200623_A calor facilita expresión síntomas madeira_2

Avelaíñas do acio

Se na información anterior anunciabamos a captura dos dous primeiros individuos da segunda xeración de Lobesia botrana nas trampas que temos nas nosas parcelas de seguimento, malia que nesta revisión non capturamos ningún, si observamos algúns ovos esporadicamente e tamén o primeiro gran de albariño co típico cambio de cor debido á alimentación na súa polpa dunha eiruga. De momento, e como dicimos, o risco é baixo, e tamén as elevadas temperaturas e a insolación directa poden desecar as postas ata o punto de non poder evolucionar, pero en todo caso débese incrementar a vixilancia.

20200708_Gran albariño cambio color por Lobesia20200708_Ovo de avelaiña acio

Cicadelidos

Novamente temos que falar de bastantes máis capturas da especie Zygina rhamni  que de Empoasca vitis nas trampas amarelas que temos instaladas nas viñas da nosa rede. Tamén ao sacudir a vexetación obsérvanse máis adultos de cor asalmoado (Zigina) que verde (Empoasca) voando, e tamén sucede o mesmo no referente aos recontos de ninfas nas follas, que seguen a ser baixos. Co estrés hídrico que se está empezando a observar nas viñas co solo máis areoso xa están empezando a aparecer nalgunhas plantas as follas cas marxes  amarelas ou necrosando que se poden confundir cos ataques de E. vitis, pero que responden de momento á menor dispoñibilidade de auga no terreo e ao sol.

20200623_Cicadelidos dominantes non son EmpoascaNinfa de Zygina rhamni en folla

Ácaros

Unha vez máis, so temos que falar de síntomas máis evidentes, que mesmo chegan a observarse na face, de erinose de verán nas follas tenras de plantas onde xa se observaran estes ácaros noutros momentos da campaña. Lembren que non é preciso tratar salvo en casos moi excepcionais que poidan producirse en planta moi nova. 

20200630_Erinose de veran en folla tenra 12xullo18_Erinose de veran

Outras incidencias

Especialmente nas viñas conducidas en espaller, pero tamén incluso nalgunhas parras, observamos cada vez de xeito máis frecuente síntomas de golpe de sol nos acios máis expostos. Por esta razón temos que insistir novamente en que as esfollas deben ser moderadas, sobre todo na cara dos espalleres que reciba o sol máis intenso. 

Sintomas iniciais golpe de sol Albariño20200708_Golpes sol cada vez mais frecuentes ata en parra

Por outra banda, e como xa anunciamos ao falar dos cicadelidos, están empezando a manifestarse síntomas de estrés hídrico en viñas con solos moi areosos.

Fisiopatia_estres hidrico_3

CÍTRICOS

Psila africana

Seguimos observando pés de cítricos en todas as comarcas con gromos novos e follas tenras que presentan unha presenza elevada dos diferentes estados de desenvolvemento desta praga (adultos, óvos e, sobre todo, ninfas). A recomendación habitual de retirar estes órganos, e a instalación de trampas, segue a ser válida, pero lembren que en árbores grandes pode ser conveniente tamén intervir cun insecticida autorizado para o control dos psílidos nestas especies (aceite de parafina 54,6% ou deltametrin 1,5 e 2,5%). Nos posibles tratamentos que se apliquen, asegúrense facer un bo mollado do envés das follas novas. 

20200708_Continua habendo adultos de Trioza ademais de ninfas Trampa engomada para a detección de Trioza e outros chupadores

BUXO

Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo)

Continuamos a insistir en que as revisións ás sebes e plantas individuais de buxo deben ser continuas nesta época, porque aínda quedan eirugas desenvolvidas devorando as follas destas plantas e sabemos que a defoliación pode ser rápida e total. Ademais, se nalgunha sebe se fixo unha intervención, hai que comprobar se o tratamento foi efectivo para evitar sorpresas.

20200708_Eiruga desenvolvida e danos de Cydalima Planta de buxo testemuña