Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

AVISO FITOSANITARIO 20 AGOSTO 2020

Para elaborar a información e recomendacións que se aportan pártese das revisións realizadas ás nosas parcelas de seguimento e a outros predios que visitamos e tamén dos datos que, ás veces, nos proporcionan outros técnicos e viticultores. Por iso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR POIS PODE VARIAR, non só polas condicións do entorno senón tamén polas actuacións ou prácticas que se realizan en cada caso

VIÑA

Estado fenolóxico: M2 - N (85-89 da codificación BBCH)

Nas mesmas viñas onde vimos recollendo mostras de uva albariña desde hai dúas semanas volvemos facelo nesta revisión e aportamos a modo de referencia os valores de grao alcohólico obtidos que, loxicamente, non teñen por que coincidir con outros predios. De feito, noutra viña do Condado máis adiantada recollemos uvas esta semana e supera os 11 º.

  ALCOHOL % VOL. 20 ºC
  CONDADO PONTEVEDRA ROSAL SALNES

06/08/2020

7,76

6

7,3

6,47

13/08/2020

9,99

7,95

8,01

8,73

19/08/2020

10,86

9,79

10,32

10,06

 

Mildio

20200818_Manchas novas en gromo terminal

 

As choivas producidas pola sucesión de borrascas que nos afecta desde a fin de semana unidas a unhas temperaturas medias diarias  comprendidas entre 18 e 21 ºC son condicións moi favorables ao patóxeno. Por iso, e ademais polo cambio de tempo producido xa na semana precedente, na revisión desta semana ás viñas atopamos manchas novas nas follas tenras de todos os predios aínda que temos que dicir que menos das esperadas pola climatoloxía.

 

É máis, mesmo nas plantas testemuña, que no mes de xuño tiñan un ataque fortísimo e incluso certa defoliación, apenas apareceron gromos afectados. A maioría das manchas presentaba frutificación (estamos estes días con temperaturas mínimas na contorna de 18-20ºC e mesmo superiores) pero non observamos sequera síntomas nos rebuscos nin nos pampos.

20200818_Manchas mildio incipìentes en folla albariño20200818_Mildio en follas crecementos pero non en pampo

 

As previsións das axencias meteorolóxicas consultadas anuncian para mañá venres 21 certa precipitación, e para os próximos días xa ceos con nubes e claros ou completamente solleiros, con temperaturas mínimas que baixarán pero que permanecerán por riba dos 13 ºC, máximas semellantes ás destas xornadas ou máis calorosas, e ventos de dirección variable aínda que con días nos que dominará a dirección norte. Coa situación actual e esta previsión, aínda se espera que aparezan máis manchas nas viñas, cunha presenza que dependerá do estado das plantas e da situación de partida (haberá que esperar que haxa máis síntomas novos onde nestes momentos haxa maior nivel de inóculo). Con todo, seguimos considerando que non será preciso aplicar un cobre antes da vendima salvo casos moi excepcionais con elevada presenza de manchas e variedades máis tardías, onde se podería recorrer a algunha  das formulacións de hidróxido cúprico ou de oxicloruro de cobre que, segundo o rexistro de produtos fitosanitarios do Ministerio, teñen 14 e 15 días de prazo de seguridade, respectivamente.

Oídio

Sen dúbida foi este o patóxeno que detectamos de xeito máis frecuente nas follas novas de todos os predios nesta revisión ás viñas, tamén nas plantas testemuña sen tratamentos e nos rebuscos.

20200818_Oidio en folla foi o patoxeno mais frecuente20200818_Rebusco con oidio


Porén, despois das choivas de onte haberá que comprobar se o micelio foi lavado ou se continúa avanzando a infección, en cuxo caso pode que sexa preciso reducir o nivel de inóculo para a campaña seguinte cun tratamento pre vendima por exemplo con xofre (válido ata uns días antes da colleita) ou outros funxicidas de orixe natural, ou post vendima con funxicidas sistémicos.

20200818_Efecto do oidio e a choiva en acio albariño20200818_Oidio en variedade tinta sensible


 

Botrite e outras podres da uva

O bo nivel fitosanitario co que en xeral chegan as viñas a esta época de maduración determina que, a pesar das condicións climatolóxicas favorables, en xeral apenas observaramos acios afectados. De feito en albariño só había pequenas trazas de podre a partir dalgunha penetración illada de Lobesia na quinta parte das viñas visitadas e tampouco en treixadura ou loureira observamos incidencia, pero si vimos certos danos en variedades temperás que  agora teñen un grao superior a 11.

20200818_Variedades moi sensibles e temperas si botrite20200818_Loureira pouca podre viñas da nosa rede

 

De cumprirse as previsións de tempo seco para os días que veñen non deberían avanzar de xeito notorio os síntomas, pero aínda poden seguir aparecendo se permanece en niveis altos a humidade. Nestes casos, en predios pequenos é unha boa medida de contención a retirada dos acios afectados e, para os de maiores dimensións e con elevado número de plantas de variedades máis susceptibles, lembren que no rexistro de produtos fitosanitarios do Ministerio hai funxicidas con prazos de seguridade de 1 e 3 días (produtos de orixe natural), ou tamén de 14 días, que se poderían empregar nas viñas onde quede un período de tempo maior para a data estimada de inicio de vendima.

20200818_Poucos grans afectados podre albariño e son de penetracionsBotrite en variedade tinta tempera

 

Avelaíñas do acio

As precipitacións que se levan rexistrando non son as condicións máis propicias para as avelaíñas e de feito non observamos novos síntomas da actividade das eirugas máis que no 5% das viñas, e en todos os casos en niveis inferiores aos limiares de tratamento.

20200818_Cambio cor gran albariño por penetracion eiruga avelaiña20200804_Sintomas de Lobesia en acio albariño

Cicadelidos

Nesta semana non recollemos, nas trampas, ningún adulto de Scaphoideus  titanus, nin sequera no predio do Rosal onde capturaramos un individuo a semana anterior. Canto ás demais especies, permanecen en niveis moi baixos nas viñas que visitamos.

20200818_Algunhas viñas trampas limpas cicadelidos toda a campaña20200818_Mais Zigina que Empoasca en moitas trampas

 

Trips

Como previamos, o cambio na climatoloxía non favoreceu a aparición de novos síntomas nas viñas que revisamos.

20200804_Sintomas de trips en gromo de albariño  Adulto trips en viña 40x

Ácaros

Destacamos nesta semana unicamente os síntomas de erinose que seguen a aparecer nos gromos terminais dalgunhas viñas pero que non terán incidencia sobre a colleita.

20200818_Gromos novos moita erinose alguns predios20200818_Hai viñas con moita erinose

 

CÍTRICOS

Psila africana (Trioza erytreae) e outros chupadores

Despois destas precipitación e coas boas temperaturas que se van manter, sen dúbida aparecerán novos gromos que atraerán a estes insectos. As medidas culturais (retirada e destrución de gromos tenros) e os produtos autorizados precisamente para a psila (aceite de parafina 54,6% e deltametrin 1,5 e 2,5%, mollando moi ben envés) serven en realidade para o control de todos eles.

Enves follas maduras teñen sintomas pero non individuos Trioza20200818_Gromos tenros citricos atraen moscas brancas e outros chupadores20200818_Ninfas novas de Trioza en follas tenras

HORTÍCOLAS

Varias pragas

Como dicimos todos os anos, diferentes pragas empregan o abrigo que lle proporcionan os restos vexetais das plantas das que se recollen os froitos (pataca, tomateira, etc.) para pasar o inverno e así poder afectar aos cultivos cando se repoñan. Co fin de  limitar o risco, é necesario abandonar a práctica habitual de deixar os restos a carón do invernadoiro ou horta e eliminalos.

Restos do cultivo de patacaRestos de cultivo de tomateira que deben eliminarse para reducir a invernación de Tuta absoluta

BUXO

Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo)

Esta semana non vimos ningún adulto pero si varias eirugas de diferentes estadios, en xeral sen producir síntomas especialmente notorios, aínda que ben é certo que tampouco a climatoloxía foi a máis favorable. Porén, sabemos que despois de mañá as axencias meteorolóxicas anuncian de volta tempo seco e cálido, polo que o nivel de vixilancia deberá ser maior.

20200818_Eiruga Cydalima dispersandose e outra agochada20200818_Hai eirugas e danos en varias sebesNalgunha sebe hai eirugas mais desenvolvidas