Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

AVISO FITOSANITARIO EXTRAORDINARIO 29/05/2020

No aviso fitosanitario de onte faciamos referencia a que debido á presenza xeral de MILDIO, as viñas tiñan que ser coidadosamente revisadas para comprobar a evolución da enfermidade. Pois ben, esta noite pasada houbo condicións moi favorables á frutificación do fungo e tamén á infección secundaria debido a unhas temperaturas moi altas, a unha elevada humidade relativa e a varias horas de humidade foliar , en especial nas estacións do Salnés segundo os rexistros da rede de MeteoGalicia. Por outra banda, tamén nos informaron algúns viticultores, e mesmo un técnico, da aparición de novos síntomas hoxe pese ás temperaturas tan elevadas dos últimos días. Por este motivo, e considerando tamén que as previsións meteorolóxicas anuncian certa precipitación nos próximos días, e mesmo algunhas delas tormentas locais, novamente recordamos que é fundamental vixiar as viñas aínda que estean protexidas por unha intervención para intervir de inmediato en caso necesario xa que os acios están nun período de elevada sensibilidade . Tamén debido á susceptibilidade da uva neste momento ao oídio, no caso de tratar engadan un funxicida para o control deste patóxeno.