Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 28 de xuño

VIÑA

Mildio

As condicións climatolóxicas destes días son favorables ás infeccións. Malia que a semana pasada apenas miramos síntomas novos nas viñas, a día de hoxe estamos a ver aparecer manchas moi incipientes apenas visibles, e do mesmo nos avisaron outras persoas.  Porén, non atopamos síntomas nos acios. Para os próximos días as condicións seguirán sendo favorables e por este motivo aconsellamos a máxima alerta e una intervención inmediata no caso de que a situación sexa coincidente coa descrita.

Sinaladas algunhas das manchas que están a saír

Oídio

Tamén no día de hoxe observamos algunhas follas co característico micelio do fungo. No caso de que renoven o tratamento fronte o mildio, engadan tamén un produto fronte ao oídio.

Mancha moi incipiente de oídio