Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 23 de xullo

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Estado fenolóxico: L [79 da codificación BBCH]

Comeza pintado en variedades temperas como a Gewürztraminer

Nestes momentos, malia o tempo inestable, os acios atópanse no mesmo estado fenolóxico do ano anterior nestas fechas. E, coma na anterior campaña, hai algunha que outra variedade temperá que xa empeza a brillar ou cambiar de cor.

 

Mildio

Na información fitosanitaria do pasado venres indicabamos que, segundo as previsións meteorolóxicas no momento da súa redacción, non habería maiores problemas na uva debido á estabilidade prevista. Non obstante, xa todos sabemos que desde sábado ou domingo segundo as zonas, boa parte do noso territorio está cuberto polas néboas que entraron desde o Atlántico, que xeraron condicións de moi elevada humidade relativa (ata o 95%) todo o día, varias horas de humidade foliar e temperaturas suaves tanto de día coma nas noites, con rexistros mínimos sempre superiores a 13ºC e habitualmente da orde dos 15-17 ºC.

Como ben é sabido, estas condicións resultan moi favorables ao fungo, e de feito tivemos un número moi elevado de chamadas, e tamén información proporcionada por persoas técnicas, da aparición de elevados danos por mildio larvado en moitas viñas, nalgúns casos con ataques de máis do 25% dos acios, mentres en xeral a folla estaba sa. Canto ás parcelas da nosa rede, e boa parte daquelas outras nas que nos detivemos esta semana, temos que dicir que a situación observada foi a contraria, pois seguimos a observar manchas nos gromos terminais (algunhas delas ocupando o 100% da superficie foliar) pero as uvas, salvo na finca que referimos a semana anterior, amosan un estado excelente. Iso si, nalgún rebusco observamos micelio do fungo.

Algunhas follas estan completamente cubertas de sintoma mildioGromos novos viñas abandonadas seguen mildioNagúns rebuscos si atopamos algo de mildio

Sobre a base do falado con outras persoas, é posible que entre as razóns desta diferenza estean o inadecuado mantemento das viñas nalgún momento desta campaña, que tivo e ten episodios reiterados de humidade e temperaturas altas que provocan un desenvolvemento moi elevado da vexetación e impide ou dificulta a necesaria ventilación dos acios, ou unha elección inadecuada do funxicida nalgún momento, ou condicións de aplicación pouco convenientes para a permanencia do funxicida. Por outra banda, miramos unha viña onde o propietario nos informou de perdas fortes por mildio que resultou ser golpe de sol.

Non confundir os golpes de sol con mildio larvado ou black rot

Canto ao volume de esporas recollidas nos captadores que temos instalados para o proxecto VITICAST, como se pode ver nas gráficas que se xuntan, a situación tampouco foi homoxénea, pero en ambos casos os valores non foron moi altos (lembren que o captador de Areeiro atópase ao lado das plantas testemuña que non reciben tratamento).

Parcela Areeiro
Parcela Areeiro
Vista parcial planta testemuña

É xa moi probable que moitas persoas teñan renovado estes días os tratamentos fronte a esta enfermidade. Si é así, é fundamental que consideren que se o tratamento foi feito só con cobre, é seguro que se hai choivas abundantes na fin de semana, como prevén algunhas axencias, sexa lavado e haberá que tratar novamente despois. Se a intervención foi cun produto penetrante unido a un cobre, reducirase o tempo de protección teórico. Tamén é prioritario que insistan nas labores culturais dos despuntes, esfollas e rozas.

Oídio

As condicións meteorolóxicas rexistradas dende a pasada fin de semana, con néboas de advección que provocaron valores de humidade relativa moi altos, son moi favorables para o desenvolvemento deste patóxeno. Así a todo no estado fenolóxico actual os acios son poucos sensibles á enfermidade. De feito unicamente observamos síntomas puntuais nalgúns grans de viñas onde xa se observaran síntomas previamente.

Na información fitosanitaria do luns 19 xa comentamos a conveniencia de renovar as intervencións antioídio. De ter feita esta intervención haberá que avaliar a súa eficacia. No caso contrario, se teñen síntomas recentes, deberán aplicar a que será probablemente a derradeira intervención da campaña contra esta enfermidade.

Apenas xa oidio en acioHai pequenos puntos de oidio nalgunhas viñas

Black rot

Malia as condicións favorables desta semana para o desenvolvemento desta enfermidade, non observamos cambios en ningunha das parcelas visitadas, onde tampouco hai apenas presenza da enfermidade ou esta é moi puntual. No entanto, nas viñas de zonas tradicionalmente afectadas por este patóxeno aínda é preciso manter a vixilancia. En caso de ver incrementada a sintomatoloxía, será precisa a aplicación dun derradeiro tratamento contra o patóxeno.

Manchas de black rot en viña sen cultivar

Botrite

As viñas visitadas por nós esta semanas presentaban un bo aspecto, incluso as plantas das variedades máis sensibles. A partir de agora, cos niveles cada vez máis altos de azucre nas uvas, o risco de podre aumenta ante condicións meteorolóxicas favorables (como as desta semana). Porén tamén é importante o estado sanitario previo das mesmas. Polo tanto, haberá que incrementar a vixilancia onde haxa danos ou feridas de calquera natureza nos acios.

Os acios están moi sas en xeralHai algunha rotura fisioloxica de grans_sitio entrada podre

Outras incidencias nas viñas

As capturas de Lobesia botrana nas nosas trampas seguen a ser reducidas, sobre todo nas parcelas de O Rosal e O Condado. Ademais, unicamente atopamos unha perforación nunha viña do Salnés. Así a todo, a situación pode ser distinta noutras viñas, polo que a vixilancia a partir de agora ten que ser continua, pola incidencia directa das penetracións das eirugas na aparición das podres.

Sintomas perforacion eiruga Losbesia 7.5x

Tamén se manteñen en niveles baixos as capturas de cicadelidos, coma tamén o reconto de ninfas nas follas. Pola súa banda, neste momento é convinte cortar as plantas afectadas por patoloxías de madeira e que non sexan recuperables, retirando os restos da madeira da contorna dos predios para evitar así a transmisión deste complexo de patóxenos.

Nos recontos atopamos poucas ninfas mosquito verdeÉ bo eliminar xa as plantas mortas por alteracions de madeira

BUXO

Cydalima perspectalis

As temperaturas suaves rexistradas esta semana fixeron que os danos non avanzaran tanto como sería esperable. Aínda así, xa observamos eirugas L5 (máximo desenvolvemento) pero tamén eirugas L2 nas mesmas sebes. Manter a vixilancia, sobre todo si se cumpren algunhas das previsións meteorolóxicas consultadas, que indican predominio do tempo seco e solleiro.

Sintomas Cydalima buxo abandonadoNalgunha sebe xa hai eirugas L5 pero tamen menoresNalgunha sebe con eirugas L5 tamen hai L2

PIÑEIRO

Procesionaria

Esta semana tivemos as primeiras capturas de machos de procesionaria (Thaumetopoea pityocampa) nas nosas trampas. Esta data coincide coa do inicio do voo do ano anterior.

Comezaron capturas machos procesionaria