Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 20 de agosto

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Estado fenolóxico: M1 - M2 - (83-85 da codificación BBCH)

Mildio

Unha semana máis, as temperaturas mínimas destes días foron elevadas (salvo algunha excepción), situándose en xeral na contorna dos 13-17 ºC, e tamén houbo varias horas de humidade foliar a pasada fin de semana e esta noite, amais de humidades relativas altas para as temperaturas diúrnas que se chegaron a dar. Como xa saberán, o fungo causante desta enfermidade desenvólvese perfectamente nestas condicións e de feito  observamos un avance na presencia de manchas esporuladas nos gromos terminais de moitas viñas, e unha presenza significativa de rebuscos afectados nas parcelas que levan máis tempo sen tratamentos.

Rebuscos con mildio larvado e debaixo acios sas

Tamén a parte superior das parras máis frondosas ás que non lle chegaron os tratamentos anteriormente realizados perderon bastante folla, e o mesmo as nosas plantas testemuña, que están xa moi defoliadas.  Precisamente no captador de esporas instalado nestas plantas testemuña na nosa viña de Areeiro (proxecto VITICAST) os recontos dos que dispoñemos reflicten a situación climatolóxica antes referida: valores altos na fin de semana, e máis baixos despois aínda que con tendencia a aumentar.

Parcela Areeiro

Segundo as previsións meteorolóxicas consultadas, entre hoxe e mañá poderá producirse algunha precipitación feble pero despois tenderá a estabilizarse a climatoloxía, co que a posible choiva no debería xerar problemas maiores, dada a elevada densidade de vexetación deste ano.

Oídio

Tamén observamos un novo incremento na presenza de síntomas desta enfermidade, en especial nas follas e pampos máis tenros das plantas testemuña e naquelas viñas que levan máis tempo desprotexidas. De feito, nalgún caso será conveniente aplicar un tratamento despois da vendima, non só fronte este patóxeno senón tamén fronte ao mildio.

Novos síntomas de oídio en gromos terminais

Botrite

Non observamos, nas parcelas visitadas, síntomas da enfermidade nin sequera nas plantas de variedades sensibles pola condición do seu acio e/ou da pel da uva.

Acio de Loureira bo estado xeralAcio de Treixadura bo estado xeral

Co cambio na climatoloxía para hoxe-mañá segundo as previsións hai máis probabilidade de que se instale o  patóxeno, pero si se mantivo unha boa sanidade da uva non é probable que se produzan danos ao recuperarse case de inmediato o anticiclón. De instalarse puntualmente o fungo, pódense eliminar os grans/acios afectados ou ben aplicar un funxicida (salvo nos casos en que as adegas limiten os tratamentos)  con moi curto prazo de seguridade.

Avelaíñas do acio

Volvemos ter poucas capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas, e o número de ovos e penetracións das eirugas foi tamén moi reducido nas viñas visitadas.

Excrementos e cambio cor uvas por LobesiaOvo recente de avelaíña do acio

 

Cicadelidos

Finalmente, na viña onde recolleramos os primeiros dous individuos de Scaphoideus titanus a semana pasada non se apicou aínda o tratamento que fora recomendado, e esta semana volvéronse capturar outros dous. Canto aos demais cicadelidos, o número de insectos mantívose reducido tamén, coma no resto da campaña nas viñas que nós controlamos.

Scaphoideus titanus en trampa

 

Outras incidencias nas viñas

A presenza de plantas con síntomas de estrés hídrico incrementouse, coas altas temperaturas, nalgunhas parcelas, así coma a intensidade dos síntomas de patoloxías da madeira nas plantas onde xa apareceran.

Algunhas viñas nesta epoca indicios estres hídrico

MACEIRA

Avelaíña da mazá

Sabemos que as poboacións desta praga poden ser moi variables entre parcelas, pero nesta ocasión queremos facer notar que nesta semana tivemos as maiores capturas de toda a campaña na nosa trampa de Areeiro (15 machos).

BUXO

Cydalima perspectalis

Nesta semana xa non observamos, nas nosas revisións, incidencia algunha de eirugas, só atopamos crisálides e a brotación das plantas é máis xeneralizada.

Brotación actuación en buxoNestes momentos Cydalima en crisalides