Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 19 de xullo

VIÑA

No aviso fitosanitario do pasado venres 16 diciamos que as previsións metereolóxicas non prevían novas precipitacións no que resta de mes e que polo tanto a estabilidade no tempo axudaría a manter os acios sas e a que acadasen o estado non susceptible (o pintado) sen maiores problemas. Porén, xa todos sabemos que desde a noite do sábado ao domingo produciuse un cambio debido á aparición das denominadas "néboas de advección", que se forman cando o aire máis frío da superficie do mar se condensa ao entrar en contacto co aire máis cálido da superficie da terra. Deste xeito, segundo os datos das estacións consultadas de MeteoGalicia rexistrouse un incremento da humidade relativa do aire dun 20% de media fronte aos días anteriores, unha baixada das temperaturas máximas de cerca de 10 ºC nalgunhas estacións e mesmo un aumento das mínimas, iso si, menos significativo. Estas condicións favorecerán novas infeccións de mildio, tamén do black rot nas viñas onde está presente e, polo carácter miúdo do orballo que pode formarse, tamén do oídio, polo que é aconsellable renovar as intervencións se as viñas non están ben protexidas.

Aspecto gromo terminal testemuña a primeira hora da mañáPode incrementarse tamén o oídio