Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 9 de xullo

VIÑA

Estado fenolóxico: (K) L [(75)-77 da codificación BBCH]

Mildio

Tal e como estaba previsto, houbo choivas entre a pasada fin de semana e a metade desta. A intensidade das precipitacións foi variable en función da comarca, pero en todo caso foron suficientes para reducir o período de protección dos tratamentos que se aplicaran anteriormente.

Porén, na revisión que fixemos ás viñas o mércores día 7, só atopamos follas novas afectadas polo patóxeno nas plantas abandonadas ou nas tratadas con excesiva frondosidade e con pampos que chegan ao solo, condicións que manteñen unha humidade excesiva na contorna da planta. No resto de casos, as manchas estaban controladas, malia que a densidade de esporas se incrementou sensiblemente segundo o obtido nos captadores de esporas que temos instalados polo proxecto VITICAST (máxima concentración diaria na contorna de 750 no captador das plantas tratadas do Salnés, e de 5000 no que está preto das plantas testemuña de Areeiro).

Parcela Areeiro
Parcela Areeiro
Mildio novo en folla so en viñas abandonadasOnde mais densidade vexetacion mais mildioEn xeral as manchas estaban ben controladas

Si observamos mildio larvado en acios en aproximadamente o 40% das viñas que controlamos esta semana; na meirande parte tratábase de focos moi illados, aínda que naqueles predios con maior frondosidade, a súa presenza aumentaba notablemente. Tamén nalgunha planta aínda atopamos mildio esporulado. En todo caso a situación xeral que encontramos esta semana nos acios foi boa.

Acio con restos de mildio no callado, mildio esporulado e inicio de mildio larvadoViña con mildio larvadoMildio esporulado acio albariño

No momento da redacción desta información fitosanitaria a maioría das previsións anuncian temperaturas máximas moi elevadas (acadando incluso os 30ºC ou algo máis) e mínimas tamén moi altas, con ventos predominantes do norte. Porén algúns modelos prognostican ventos do oeste e certo risco de precipitacións febles para os días luns 12 e martes 13.

Con esta situación, cobran cada vez máis importancia as labores culturais de aireación dos acios, incluíndo as esfollas, que nunca deben ser excesivas.

As esfollas NUNCA deben ser tan intensas

Tamén segue a ser moi importante a revisión das viñas xa que, aínda que o estado fenolóxico xeral é  peche do acio, o patóxeno ten capacidade para seguir infectando á uva. E non esquezan que, se cabe máis nestes momentos en que se aplican funxicidas cúpricos con ou sen unha materia activa penetrante acompañante, as posibles aplicacións que realicen deben ser ben feitas, a unha velocidade e cun equipo ben regulado para que toda a viña quede protexida.

E fundamental boa aplicación tratamentos para evitar zonas sen protexer

 

Oídio

No peche do acio, o oídio tamén pode afectar á uva e causar danos. Sen embargo, na revisión desta semana (realizada o mércores día 7), só atopamos síntomas do patóxeno en viñas que xa presentaban algúns grans afectados na revisión anterior, e sempre na contorna daqueles.

As condicións meteorolóxicas previstas para os próximos días seguirán sendo favorables a esta enfermidade, co que hai que manter un alto nivel de vixilancia.

Mancha moi incipiente de oídioGrans con oidio parcialmente curado e sen curar

 

Black rot

Non observamos cambio algún na situación que levamos apreciando nas plantas.

Manchas de black rot en viña sen cultivar

Botrite

De todas as viñas que revisamos, só atopamos un gran de Albariño con botrite, pero si é certo que nesta semana atopamos en máis viñas roturas fisiolóxicas de uva ou danos mecánicos por rozas. Sabemos que as feridas son unha porta de entrada para este patóxeno, pero non están previstas unhas condicións de humidade elevada, co que non se espera que aumenten. Porén, nas variedades máis sensibles a este patóxeno, como por exemplo Godello ou Treixadura con historial con problemas por este patóxeno, pode ser conveniente aplicar un tratamento antes de que o acio peche completamente  e estea totalmente compacto.

So atopamos un gran con botrite entre todas as viñas que revisamosOs acios están moi sas en xeralHai algunha rotura fisioloxica de grans_sitio entrada podre

Outros parasitos da viña

Seguimos sen observar síntomas de actividade de Lobesia na uva, e tampouco as capturas nas nosas trampas son elevadas (esta semana o máximo foron 8 machos nunha trampa).

Tamén os cicadelidos se mantiveron en niveis baixos, ao igual que os síntomas de eirinose de verán, que non aumentaron nesta semana.

Adultos de Lobesia teñen este aspectoApenas temos capturas de cicadelidos

 

MACEIRA

Moteado

As condicións de elevada humidade destes días pasados provocaron tamén que aparezan novas manchas de moteado. Por este motivo, será necesario aplicar un tratamento, pero teñan a precaución de utilizar produtos de baixo prazo de seguridade naquelas variedades máis próximas á colleita.

Manchas novas de moteado

 

BUXO

Cydalima perspectalis

As condicións climatolóxicas que houbo esta semana non favoreceron o avance desta praga: en todas as sebes que revisamos apenas atopamos puntos illados con presencia de síntomas. Debido a que se prevé unha mellora na climatoloxía, é de esperar que as eirugas se desenvolvan máis rapidamente, co que hai que incrementar o nivel de alerta e tratar no caso de observar un avance na sintomatoloxía.

Eiruga-L2-en-gromo-buxoSo topamos sintomas illados de Cydalima