Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 01 de abril

VIÑA

Mildio

Unha semana despois da anterior publicación de información fitosanitaria volvemos comentar que, segundo os datos que nos aportan as persoas que colaboran con nós tanto da nosa provincia coma de zonas produtoras das demais, a brotación das plantas está moi contida e só en casos excepcionais de plantas moi abrigadas a situación está algo máis avanzada. Amais, o anuncio de temperaturas anormalmente baixas para estes días é común a todas as axencias consultadas, aínda que difiren na duración estimada do episodio, entre 5 e 8 días, e este frío tampouco favorecerá o desenvolvemento das plantas.

Pola súa banda, as previstas tampouco son as mellores condicións meteorolóxicas para o mildio e, de feito, xa nin habendo ese frío tan acusado, no captador de esporas que temos instalado en Areeiro unicamente recollemos 11 esporanxios en 10 días. De momento non é preciso tratar.

Vista parcial estado brotación en Louriza-Pontevedra

CAMELIA

Ácaro da caída do botón floral (Cosetacus camelliae)

Nun gran número de camelias estase a producir a brotación, e este é o primeiro momento do ano no que convén aplicar un tratamento fronte ao ácaro. Na actualidade, segundo o Registro de Productos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, soamente hai dous formulados para o control de "ácaros" en plantas ornamentais leñosas como é a camelia: MALTODEXTRIN 47,6% [SL] P/V e SALES POTÁSICAS DE ÁCIDOS GRASOS C14-C20 48% [EW] P/V (hai outro formulado destinado a ácaros tetraníquidos, pero Cosetacus camelliae é un eriófido).

Sintomas caracteristicos de Cosetacus camelliae