Exposição do índice de correia fotorreceptora

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 25 de marzo

VIÑA

Maduración da oospora de mildio

O luns día 21 confirmamos a maduración da oospora ou ovo de inverno do mildio, aínda que o tempo no que o verificamos por un dos procedementos que puxemos en práctica este ano lévanos a pensar que realmente tivo lugar polo menos unha semana antes. O desenvolvemento da vexetación segundo observamos na nosa viña de Areeiro (aínda en saída de follas), e de acordo coas informacións de diferentes persoas das principais zonas vitícolas, aínda non é compatible coas infeccións, e só nun caso dunhas plantas moi protexidas si o sería, pero parece ser unha situación excepcional. Con todo, convén iniciar a vixilancia se ben aínda non hai que empezar cos tratamentos.

Maduracion oospora campaña 2022