Exposição do índice de correia fotorreceptora

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 13 de maio

VIÑA

Estado fenolóxico: G H [(55)-57 da codificación BBCH]

Mildio

Na revisión desta semana ás parcelas da nosa rede e a outras que visitamos, nunha visión xeral das plantas non observamos cambios en relación á presenza de manchas  fronte a semana anterior. Porén, nalgunha das escasísimas manchas antigas que había, estaba saíndo a  frutificación do fungo e tamén nunha viña da nosa rede habitual atopamos unha mancha nova, aínda sen esporular.

Zona de avance con esporulacionEnves de mancha nova sen esporular

Ben é certo que a revisión fixémola o martes día 10, con tempo seco e frío nas noites, e de feito no captador de esporas da nosa parcela de Areeiro unicamente contabilizamos 9 esporanxios recollidos entre os días 2 e 9 de maio. Despois, a partir da tarde do día 10 foron aparecendo néboas/nebulosidade de xeito bastante xeral , e deron lugar a un incremento da humidade relativa que veu acompañado tamén dun ascenso das temperaturas mínimas que favorece ao patóxeno. Con todo, a situación favorable aínda non se ten manifestado nin sequera nas nosas plantas testemuña sen tratamentos, que a día de hoxe están totalmente sas, tanto a nivel de follas (salvo 1-2 manchas no conxunto) coma de acios (ningún sintomático).

Ningunha mancha planta testemuña

De cara aos próximos días non hai coincidencia total nas predicións das diferentes axencias meteorolóxicas consultadas, aínda que todas elas anuncian certa precipitación que dará comezo domingo, luns ou martes, para ir mellorando conforme pasen os días.

Por todo o indicado, e aínda que sabemos que moitas persoas xa o están facendo, aconséllase renovar os tratamentos para evitar a aparición de novos síntomas.

Para asegurar en maior medida un estado sanitario adecuado non esquezan facilitar a aireación das vides mediante a sega da vexetación acompañante que, pola presenza das inflorescencias de moitas gramíneas, nalgúns predios está moi desenvolvida.

Oídio

O tempo nebuloso destes días máis o esperado para as xornadas vindeiras cando se produzan precipitacións, son condicións de luz favorables ao fungo responsable desta enfermidade. Amais, o patóxeno ten un desenvolvemento óptimo entre 25 e 30 °C, e entre 40 a 100% de humidade relativa, polo que é preciso incrementar a vixilancia, sobre todo nas plantas peor aireadas.

Black rot

O incremento da humidade que se prevé unido a unhas temperaturas suaves-altas tamén favorecerá o desenvolvemento do fungo. Lembren que en parcelas con presenza desta enfermidade, os tratamentos fronte ao mildio deben realizarse con funxicidas que teñan efecto fronte a black rot. De igual xeito, cando comecen as intervencións antioídio tamén deben elixir un produto recomendado para controlar ambos patóxenos.

Primeiros sintomas black rot vina abandoada

Enfermidades de madeira

A semana pasada falabamos de que empezaramos a atopar viñas con síntomas destas alteracións, e esta semana aínda miramos máis. Non será conveniente se chove pero, se os síntomas son restrinxidos por exemplo a un brazo, pode eliminarse, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida inmediatamente sobre o corte.

Nas viñas con patoloxias de madeira hai fallos na brotacion

KIWI

Bacterioses

Co cambio que se prevé nas condicións climatolóxicas (choivas e temperaturas suaves), o desenvolvemento destas patoloxías verase favorecido. Por este motivo, tan pronto finalice o período de choivas débese aplicar un tratamento.

Débense tratar tanto as plantas femia coma as macho, xa que das súas flores depende, loxicamente, a calidade da polinización
FOTOS: Pseudomonas syringae, síntomas nos botóns florais FOTOS: Pseudomonas syringae, síntomas nos botóns florais

BUXO

Cydalima perspectalis

Nesta semana a situación canto á presenza desta praga nas sebes e plantas que controlamos nós mantívose estable. Por iso a nosa recomendación é a mesma da semana anterior: ir instalando as trampas de feromonas se non o fixeron aínda.

20220506 Eiruga desenvolvida de Cydalima perspectalis

 

VARIOS CULTIVOS

Pulgóns e outros insectos chupadores

A existencia de brotes ternos en moitos cultivos e a climatoloxía destes días está a favorecer a aparición de diferentes insectos chupadores en moitas plantas. Cando unicamente afectan a uns poucos gromos, a retirada destes gromos é unha boa medida para retrasar potenciais aplicacións de tratamentos.