Advanced-Content-List

contentlist.configuration.needed

INFORMACIÓN FITOSANITARIA
18 MARZO 2020

Maila situación de confinamento que estamos a vivir, as pragas e enfermidades das plantas continúan a súa evolución, e as condicións meteorolóxicas destes días, con temperaturas que mesmo onte día 17 acadaron os 26,6 ºC en Cequeliños (Arbo) ou os 23,8 ºC na capital da provincia, están a favorecer a actividade dos vexetais e o avance das pragas.

BUXO

Bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis)

Nalgunha das sebes da nosa finca de Areeiro observamos onte que as eirugas que estaban saíndo da hibernación e xa empezan a aparecer síntomas evidentes da súa alimentación. Como dicimos, non é unha situación xeral e de feito algunhas sebes están vigorosas e con gromos perfectamente verdes, pero é conveniente que revisen moi atentamente as súas plantas (só as que teñan no xardín, sen saír fóra da contorna) e, se a situación é coincidente, retiren os gromos afectados e/ou apliquen un tratamento. A revisión debe incluír tamén a zona inferior das plantas porque nalgúns casos as eirugas se centran nesa zona (ver imaxe ilustrativa). E os posibles tratamentos deben facerse como sempre: a elevada presión e con minuciosidade.

VIÑA

Mildio

Xerminación das primeiras oosporas 2018

Verificouse a maduración das primeiras oosporas de mildio na nosa provincia. Lembren que este fenómeno simplemente indica que o fungo está a iniciar a súa actividade, pero de momento NON HAI QUE REALIZAR TRATAMENTOS.