Estado Fenológico H
" class="tooltip_estado" data-placement="bottom" id="estado_H"> H (botóns florais separados) [BBCH: 57-(60)]Desde a emisión da información anterior volvéronse dar condicións favorables ao mildio boa parte dos días. Hai que ter en conta que as temperaturas mínimas continuaron relativamente altas ata a noite do mércores, en que baixaron, e que tamén a humidade relativa diaria foi moi alta (en xeral por riba do 80%) tamén ata que empezaron a chegar os ventos do norte nas últimas horas do martes. Amais, hai que mencionar a precipitación que alternou con claros varios días e as choivas do sábado, que segundo zonas chegaron a superar os 30 l/m2.
Con estes antecedentes, non é de estrañar que o volume de esporas de mildio recollidas no captador situado na contorna das plantas testemuña da nosa viña de Areeiro sufrira un incremento destacable, de valores por debaixo de 20 esporanxios/m3 de aire a superar os 100/m3 e mesmo a chegar a 200:
Así, a situación observada nas nosas parcelas de seguimento (a grande maioría con 15-17 días sen tratar) e tamén nas demais viñas nas que nos detemos nos nosos percorridos (sen coñecer data da última intervención), malia ser boa ou moi boa, denotaba xa esta situación:
- nas plantas testemuña o número de manchas multiplicouse sensiblemente e mesmo había pampos e acios afectados
Debido a esta situación e ao tempo transcorrido desde o tratamento anterior nas nosas parcelas de seguimento xa renovamos ou se vai renovar a protección antimildio, o cal debe facerse igualmente naqueles predios nos que se vexan síntomas semellantes e/ou se está próximo a finalizar o prazo de protección teórico do tratamento anterior, considerando que xa só as precipitacións do sábado día 6 reduciron o mencionado prazo.
Como é sabido, estanse a producir ventos de certa intensidade, de máis de 20 Km/h ou grao 4 na escala Beaufort. Estes ventos fan que se movan constantemente as follas e tamén os gromos, xa son incompatibles cuns tratamentos realizados con boas prácticas de cultivo e loxicamente arrastran o caldo fitosanitario fóra das viñas, coas lóxicas implicacións de contaminación desas outras áreas e falta de eficacia das aplicacións. Algunhas previsións apuntan a que continuarán a darse estes refachos nalgúns momentos. Se está a aplicar un tratamento e se dan estas condicións debe deterse e continuar cando volva haber ventos de como máximo 11 Km/h, cando só se moven as follas
E, aínda que para estes próximos días non se prevén precipitacións, lembren que é importante manter ben rozada a cuberta vexetal do viñedo
Nas parcelas que revisamos nós aínda non atopamos os primeiros síntomas desta enfermidade. Con todo, nalgunhas plantas, as máis adiantadas, xa empeza a haber timidamente algúns acios empezando a floración, e este estado é conveniente protexelo. Por iso, pódese engadir un antioídio cando se renove a intervención antimildiu.
Esta semana quizais foi esta enfermidade a que máis se incrementou a nivel xeral, pois apareceron síntomas en todas as zonas, timidamente nas plantas tratadas e de xeito máis evidente nas plantas abandonadas dos muros, que como moito reciben deriva das zonas tratadas, onde apareceron non só no limbo foliar senón tamén nalgúns pecíolos.
Debido a que non hai produtos destinados exclusivamente ao control do fungo responsable desta enfermidade, escolla un antimildio ou un antioidio autorizado tamén fronte a este outro patóxeno..
Nesta semana vimos máis colonias deste pulgón non só en Areeiro senón tamén en maceiras doutras zonas. Lembren que mentres hai poucas é unha boa medida eliminar as follas afectadas, pero de aumentar si será preciso tratar.
Do mesmo xeito que se refería o ano pasado na información fitosanitaria do 27 de maio, este ano xa estamos a observar os síntomas característicos do ataque destes escaravellos. É máis, tamén xa hai casos nos que da a sensación de que as árbores xa están secas cando se miran desde lonxe e que podería deberse a outras causas pero, cando menos nos beiras dos ríos e regatos que nós detectamos, a causa son estes insectos. Neste momento a sintomatoloxía descrita afecta sobre todo aos salgueiros, pero tamén empeza a ser notoria nos amieiros.
DATA DE PUBLICACIÓN DA SEGUINTE INFORMACIÓN FITOSANITARIA: LUNS 22 DE MAIO |