Es necesario configurar el portlet antes de poder utilizarlo

AVISO E RECOMENDACIÓNS FITOSANITARIAS
4 FEBREIRO 2020

Como ben sabemos todos, nesta semana estamos a ter unha situación climatolóxica ben diferente da dominante neste outono pasado e tamén inverno no que nos atopamos, cando as precipitacións foron case continuas (ver táboa elaborada a partir de datos da Rede de Estacións de Meteogalicia). Por outra banda, tamén as temperaturas están a ser altas para a época do ano (ata o punto de rexistrarse onte ata 24,9 ºC na estación de Campolongo –Pontevedra-). Tamén aproveitando esta bonanza os agricultores estarán empezando as labores de plantación de moitas hortícolas, pero tamén poden aproveitar para prestar atención algúns parasitos.

(*): Dato erróneo na estación nos meses de decembro 2019 (Torrequintáns) e xaneiro 2020 (Areeiro)

Sumatorio de datos de outubro 2019 a xaneiro 2020

Comarca

Estación

Choiva (l/m2)

Días choiva

Horas-frío

Días xeada

Pontevedra

Areeiro

1000,3

75

98,2 (*)

0

Condado

Cequeliños

1004,4

70

625,3

2

Meder

932,6

76

496,3

3

Rosal

Areas

1261

76

492,5

0

Eiras

1019,8

77

464,3

0

Salnés

Simes

1067,1

81

290,4

0

Tremoedo

1017,6

81

332,2

0

Torrequintáns

1009,3

80

204,2 (*)

0

Soutomaior

Soutomaior

1137,5

78

355,2

0

O Morrazo

Bueu-Cabo Udra

793,6

74

-

0

Cangas

815,3

73

-

0

FROITEIRAS E PRANTAS LEÑOSAS EN XERAL

Tratamentos de outono-inverno con compostos de cobre

Debido ás choivas rexistradas é posible que non teñan tido moita oportunidade de aplicar estes tratamentos tan recomendables en zonas tan húmidas como a nosa, pero nestes días poden facer cando menos unha aplicación. A día de hoxe non hai coincidencia canto a probabilidade de precipitación a curto-medio prazo que anuncian as axencias meteorolóxicas, aínda que a maioría delas prevé que choverá algo entre a fin de semana e o inicio da semana próxima, pero en cantidades baixas, en principio insuficientes para producir o lavado dos produtos aplicados (tamén a día de hoxe as previsións apuntan a bo tempo para a semana seguinte, xusto despois das precipitacións previstas). Cando o fagan, lembren que a Unión Europea restrinxiu o uso dos produtos fitosanitarios que conteñan compostos de cobre a unha tasa de aplicación máxima de 4 Kg/ha/ano, polo que procuren calcular ben as doses e o volume de caldo.

Se aplican os produtos de cobre sobre cítricos, lembren recoller antes toda a froita que poidan necesitar mentres perdure o prazo de seguridade do fitosanitario empregado

Tratamiento de Invierno

Outras actuacións

A maioría dos agricultores xa terán feitas as podas pero para aquelas plantas que queden sen facelo lembren adoptar as boas prácticas que sempre recomendamos: desinfectar tesoiras de poda; podar en tempo seco e sen vento; tentar sanear as plantas eliminando ramas afectados por alteracións da madeira ata alcanzar unha zona limpa e sa; retirar, queimar ou destruír os restos da poda, sobre todo os de maior diámetro...

Síntomas de cancro en rama de manzano Los restos de poda no deben almacenarse en la finca

BUXO

Cydalima perspectalis

No noso laboratorio e tamén xa nalgunhas sebes de zonas cálidas estamos observando que as primeiras eirugas están saíndo da hibernación. De momento sucede de xeito moi puntual no exterior pero é de esperar que coas temperaturas que estamos a ter empecen a observarse tamén os primeiros síntomas.

En ambiente confinado as eirugas de Cydalima perspectalis empezan ter certa actividade Nalgunha sebe empezan a verse eirugas de Cydalima saindo da hibernacion

PIÑEIROS E CEDROS

Procesionaria

Coa calor e o sol que está a facer é de esperar que nestes días empecen a verse de xeito máis frecuente as características procesións de enterramento desta praga (xa as observamos puntualmente na segunda quincena do mes pasado). Polo tanto temos que lembrarlles que as eirugas que conforman as procesións teñen pelos urticantes que poden producir reaccións alérxicas e inflamatorias non só ás persoas senón tamén aos animais domésticos, polo que é recomendable afastarse das masas de especies sensibles, non pasear cas mascotas nesas áreas e, en caso de observar as procesións, non acercarse nin manipular as eirugas.

Eirugas de procesionaria capturadas cando baixaban da copaNiños de procesionaria no piñeiro onde se recolleron as eirugas