INFORMACIÓN FITOSANITARIA 22 MARZO 2019
BUXO
Cydalima perspectalis
Empezan a ser máis sinxelos de ver os síntomas da alimentación desta praga nos gromos dalgunhas sebes. De momento, polo menos nas zonas onde os temos detectado, non son xeneralizados (son algo máis en plantas máis protexidas) pero hai que incrementar a vixilancia e estar moi pendentes. Teñan en conta que as eirugas xa están avanzadas no seu desenvolvemento, que son moi voraces e que as temperaturas diúrnas continuarán sendo elevadas, polo que convén facer revisións periódicas (cada 2-3 días).