INFORMACIÓN FITOSANITARIA 15 FEBREIRO 2019

BUXO

Cydalima perspectalis

Coa elevación de temperaturas máximas destes días (mesmo acadan valores por riba dos 20 ºC), as eirugas invernantes desta bolboreta están iniciando a súa actividade nalgunhas sebes, o que xa fixeran previamente as que mantemos en condicións de laboratorio (ou algunhas en localizacións máis cálidas de Lugo ou Ourense). De momento aínda é cedo para aplicar un tratamento (son illados os síntomas), pero a reactivación da alimentación obriga a iniciar/incrementar a vixilancia.

Saida invernacion eirugas Cydalima_Febreiro 2019Fios de seda da eiruga da bolboreta do buxo

Cylindrocladium buxicola

Nalgunhas sebes obsérvanse tamén síntomas deste patóxeno foliar (manchas circulares de  cor  aceitosa nas follas,  liñas negras  lonxitudinais nos brotes). Como consecuencia do ataque, e máis se engadimos a presenza das  eirugas de  C.  perspectalis,  pode producirse unha forte  defoliación das plantas. No control deste fungo É FUNDAMENTAL ADOPTAR MEDIDAS CULTURAIS, como son eliminar periodicamente as follas secas depositadas sobre as plantas ou as caídas ao chan. En canto aos tratamentos químicos, no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio non figuran  funxicidas para o seu control; en ensaios realizados por nós deron bos resultados as materias activas epoxiconazol,  difenoconazol ou  kresoxim- metil. Estas materias activas non deben aplicarse máis de 2-3 veces ao ano, polo que se poden alternar con  funxicidas de contacto como cobre ou  clortalonil.

Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicosPara limitar la incidencia de la enfermedad deben eliminarse las hojas desprendidas y depositadas sobre las plantas

PIÑEIRO

Procesionaria

Como moitas persoas xa saben, aínda que xa hai tempo que comezaron, nesta época están a ser xeneralizadas as procesións de enterramento das eirugas desta bolboreta, que abandonan os bolsóns e introdúcense no solo. Estas eirugas posúen pelos que producen reaccións alérxicas e inflamatorias, de diferente gravidade segundo a sensibilidade de cada persoa, polo que NON DEBEN SER MANIPULADAS. Tamén se aconsella non acercarse a elas: non é preciso tocalas para que xeren este tipo de reaccións porque proxectan os seus pelos urticantes a certa distancia. Ademais, debe evitarse que os cans accedan a elas (poden producirlles danos importantes e mesmo necrose na lingua).

Teñan en conta que a procesionaria non só está restrinxida a masas de piñeiro, senón que tamén se atopa en parques, xardíns, aliñacións de rúas e pés illados de piñeiro ou cedros

Bolsons de procesionaria e defoliacion en Pinus radiataBolson de procesionaria en cedro