- Avisos anteriores
- 2018
- 2019
- 2020
- 2021
- NOV 29viña, froiteiras e prantas leñosas en xeral, buxo e piñeiro
- OUT 07Maceira e outras froiteiras en época de colleita, Nespereira, Cítricos, Buxo, Nogueira
- SET 18Buxo
- AGO 23Viña, Maceira, Buxo
- AGO 16Viña, Maceira, Buxo, Plátano de sombra
- AGO 09Viña, Maceira, Marmeleiro, Froiteiras, Buxo
- AGO 02Viña, Maceira, Froiteiras, Cerdeira, Buxo
- XUL 26Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras, Plantas de horta, Buxo
- XUL 19Viña, Maceira, Froiteiras, Plantas de horta, Buxo, Piñeiro
- XUL 12Viña, Maceira, Buxo
- XUL 05Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi e froiteiras (de óso principalmente), Buxo
- XUÑ 28Viña, Maceira, Marmeleiro, Cítricos, Pataca, Buxo
- XUÑ 21Viña, Maceira, Pataca, Buxo
- XUÑ 14Viña, Maceira, Marmeleiro, Cítricos, Buxo, Evónimo, Salgueiros e outras árbores de ribeira
- XUÑ 07Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
- MAI 31Viña, Maceira, Camelia, Buxo
- MAI 30Carballo
- MAI 24Viña, Maceira, Camelia, Buxo
- MAI 16Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de óso, Cítricos, Buxo, Evónimo, Roseiras, Salgueiros e outras árbores de ribeira
- MAI 10Viña, Maceira, Marmeleiro, Kiwi, Froiteiras de óso, Varios cultivos (Froiteiras, Fresa, Outras), Pataca, Buxo, Camelia
- MAI 03Viña, Maceira, Marmeleiro, Kiwi, Froiteiras de óso, Varios cultivos (Froiteiras, Fresa, Outras), Buxo, Camelia
- ABR 26Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de óso, Cítricos, Buxo, Pataca
- ABR 17Viña, Maceira, Kiwi, Froteiras de Óso, Boj, Camelia, Evónimo, Roseiras, Pataca
- MAR 28Buxo, Viña, Maceira, Kiwi, Fruteiras de oso
- MAR 22Buxo
- FEB 15Buxo, Piñeiro
INFORMACIÓN FITOSANITARIA 28 MARZO 2019
A climatoloxía tan cálida que se da nas horas centrais do día está favorecendo o adianto na fenoloxía das plantas. Nesta campaña que se está a iniciar hai que dicir que, en xeral, as horas frío rexistradas entre outubro e febreiro na nosa provincia (menos de 500 en boa parte das estacións meteorolóxicas consultadas, e da orde de 700-800 no resto) non foron suficientes para os requirimentos de horas-frío dalgunhas especies froiteiras. Isto pode levar a que os gromos non estean ben repartidos e/ou sexan irregulares.
Estas condicións, que segundo as axencias meteorolóxicas parece que se van manter durante os próximos días, propician igualmente a actividade biolóxica de certas pragas.
BUXO
Bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis)
Os síntomas producidos polas eirugas que saíron da hibernación, que xa están nos últimos estados de desenvolvemento, son xa evidentes en moitas sebes. Debido ás temperaturas tan elevadas destes días (especialmente os dous últimos, nos que chegaron a acadarse case 29ºC de máxima nalgunha estación meteorolóxica) os danos serán cada vez maiores polo que é aconsellable aplicar un tratamento que, lembren, ten que ser moi ben realizado, mollando ben, para que sexa efectivo. Ademais, tamén nas condicións do laboratorio obtivemos o primeiro adulto de bolboreta, polo que nos próximos días esperamos capturar os primeiros na trampa de feromonas que temos instalada nos buxos de Areeiro (hai xa feromonas rexistradas en España, e é conveniente instalar trampas para seguir o ciclo da especie).
VIÑA
Mildio
Hoxe día 28 verificamos a maduración das primeiras oosporas de mildio na nosa provincia, pero esta circunstancia NON quere dicir que haxa que comezar os tratamentos fronte a esta enfermidade. Este feito é só un dos factores requiridos para que teña lugar a infección, pero ademais é indispensable que se produzan unhas condicións ambientais determinadas e que o desenvolvemento da planta sexa suficiente.
Excoriose
MACEIRA
Moteado
Tamén neste caso verificamos que as primeiras ascosporas, formas de conservación invernal deste fungo, están maduras. Canto ao desenvolvemento da vexetación, xa hai gromos receptivos, pero as condicións meteorolóxicas destes días non son en absoluto favorables ás infeccións. De cara aos próximos días, as diferentes previsións meteorolóxicas consultadas apuntan á continuidade de clima seco e sen choivas cando menos ata o xoves día 4 ou venres 5, en que algunhas dan certa precipitación. De producirse estas choivas, ou ben de darse néboas densas ou outras circunstancias que xeren un aumento da humidade, convirá aplicar un tratamento, que será más necesario nas variedades especialmente sensibles e/ou nas que tiveran tido danos o ano anterior.
Couza da mazá
KIWI
Bacterioses
Os primeiros meses do inverno non foron especialmente húmidos (febreiro sobre todo foi moi seco, pois houbo soamente da orde de 40-50 l/m2 en moitas estacións) pero os últimos meses de 2018 si foron chuviosos (en especial novembro, con entre 200 e 300 l en 20-25 días de choiva). Polo tanto é posible que non se puideran aplicar os tratamentos invernais convenientes. Por iso, coas plantas brotando, sería conveniente aplicar un tratamento cun funxicida cúprico polo menos nas plantacións nas que xa se teña detectada algunha bacteriose.
FRUTEIRAS DE ÓSO
Lepra
As froiteiras de óso están, polo menos as da contorna de Pontevedra (aínda non comezamos as nosas visitas semanais), iniciando a brotación ou xa en flor. A escaseza de choivas fai que o risco de aparición desta enfermidade sexa menor, pero aínda así haberá que estar pendentes da climatoloxía para aplicar un tratamento tan pronto se produzan choivas.
NAQUELES CASOS NOS QUE FAGAN TRATAMENTOS FITOSANITARIOS SOBRE PLANTAS CON ALGO DE FLOR, OU SE HAI FLORES NOS ARREDORES, DEBEN ELIXIRSE PRODUTOS QUE NON TEÑAN RISCO PARA AS ABELLAS, OU QUE ESTE SEXA LIMITADO. CONSULTE SEMPRE A ETIQUETA DO PRODUTO, onde tamén atopará esta información