INFORMACIÓN FITOSANITARIA 28 MARZO 2019

AVISO DE TRATAMENTO

BUXO

Bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis)

Os síntomas producidos polas eirugas que saíron da hibernación, que xa están nos últimos estados de desenvolvemento, son xa evidentes en moitas sebes. Debido ás temperaturas tan elevadas destes días (especialmente os dous últimos, nos que chegaron a acadarse case 29ºC de máxima nalgunha estación meteorolóxica) os danos serán cada vez maiores polo que é aconsellable aplicar un tratamento que, lembren, ten que ser moi ben realizado, mollando ben, para que sexa efectivo. Ademais, tamén nas condicións do laboratorio obtivemos o primeiro adulto de bolboreta, polo que nos próximos días esperamos capturar os primeiros na trampa de feromonas que temos instalada nos buxos de Areeiro (hai xa feromonas rexistradas en España, e é conveniente instalar trampas para seguir o ciclo da especie).

Danos actuais de Cydalima nunha planta de buxo_1Sintomas actuais de Cydalima nunha planta de buxo
OUTRAS RECOMENDACIÓNS FITOSANITARIAS

VIÑA

Mildio

Hoxe día 28 verificamos a maduración das primeiras oosporas de mildio na nosa provincia, pero esta circunstancia NON quere dicir que haxa que comezar os tratamentos fronte a esta enfermidade. Este feito é só un dos factores requiridos para que teña lugar a infección, pero ademais é indispensable que se produzan unhas condicións ambientais determinadas e que o desenvolvemento da planta sexa suficiente.

Plasmopara vitícola - Oosporas (huevos de invierno vistos al microscopio)Xerminacion das primeiras oosporas 2018

Excoriose

Algunhas viñas xa empezan a aproximarse aos estados fenolóxicos D (follas incipientes) e mesmo E (follas estendidas) entre os cales é  conveniente aplicar un tratamento fronte á  excoriose, en especial naquelas viñas onde se teña confirmada a presenza da enfermidade.

Phomopsis viticola (Excoriose) - Síntomas en follaPhomopsis viticola (Excoriose) - Síntomas en bacelo

MACEIRA

Moteado

Tamén neste caso verificamos que as primeiras ascosporas, formas de conservación invernal deste fungo, están maduras. Canto ao desenvolvemento da vexetación, xa hai gromos receptivos, pero as condicións meteorolóxicas destes días non son en absoluto favorables ás infeccións. De cara aos próximos días, as diferentes previsións meteorolóxicas consultadas apuntan á continuidade de clima seco e sen choivas cando menos ata o xoves día 4 ou venres 5, en que algunhas dan certa precipitación. De producirse estas choivas, ou ben de darse néboas densas ou outras circunstancias que xeren un aumento da humidade, convirá aplicar un tratamento, que será más necesario nas variedades especialmente sensibles e/ou nas que tiveran tido danos o ano anterior.

Abundantes manchas de moteado en folla de maceiraFroito con síntomas de moteado

Couza da mazá

Se non o fixeron aínda non esquezan eliminar as trampas-banda de cartón que puideran ter colocadas para as eirugas hibernantes desta especie.

Colocación de trampa para Carpocapsa pomonella - Trampa (refugio) instaladaEiruga de Cydia pomonella e dano en froito

KIWI

Bacterioses

Os primeiros meses do inverno non foron especialmente húmidos (febreiro sobre todo foi moi seco, pois houbo soamente da orde de 40-50 l/m2 en moitas estacións) pero os últimos meses de 2018 si foron chuviosos (en especial novembro, con entre 200 e 300 l en 20-25 días de choiva). Polo tanto é posible que non se puideran aplicar os tratamentos invernais convenientes. Por iso, coas plantas brotando, sería conveniente aplicar un tratamento cun funxicida cúprico polo menos nas plantacións nas que xa se teña detectada algunha bacteriose.

Daños por bacteriosis en Actinidia chinensisSíntomas de PSA en folla

FRUTEIRAS DE ÓSO

Lepra

As froiteiras de óso están, polo menos as da contorna de Pontevedra (aínda non comezamos as nosas visitas semanais), iniciando a brotación ou xa en flor. A escaseza de choivas fai que o risco de aparición desta enfermidade sexa menor, pero aínda así haberá que estar pendentes da climatoloxía para aplicar un tratamento tan pronto se produzan choivas.

Deformacion de las hojas por lepraTaphrina deformans - Síntomas de lepra en froito de pexegueiro

NAQUELES CASOS NOS QUE FAGAN TRATAMENTOS FITOSANITARIOS SOBRE PLANTAS CON ALGO DE FLOR, OU SE HAI FLORES NOS ARREDORES, DEBEN ELIXIRSE PRODUTOS QUE NON TEÑAN RISCO PARA AS ABELLAS, OU QUE ESTE SEXA LIMITADO. CONSULTE SEMPRE A ETIQUETA DO PRODUTO, onde tamén atopará esta información