A estas alturas do ano xa hai agricultores que teñen feitas as podas pero outros aínda non as fixeron, e aínda queda marxe de tempo suficiente para practicala (esta operación debe estar acorde coa fisioloxía da cepa, debendo facela en repouso vexetativo). Para aqueles que aínda non podaran lembramos, ao igual que en anos anteriores, unha serie de recomendacións que convén considerar:
Moitos fungos patóxenos (tamén do solo) son oportunistas e polo tanto é moi importante que as plantas estean o máis fortes posible para que poidan facer fronte a unha posible infección. Por iso non esquezan que as condicións do solo deben ser as adecuadas, desde a estrutura física ata a dispoñibilidade de nutrientes
Este outono está a ter episodios bastante continuos de choivas, especialmente o mes de novembro, cando caeron cantidades comprendidas entre 250 e máis de 590 l/m2 en 20-24 días de precipitación segundo as estacións. Por este motivo xa están empezando a aparecer algúns síntomas de patoloxías típicas de períodos moi húmidos nos CÍTRICOS (Phytophthora hibernalis e Phytophthora cinnamomi). Por este motivo, lembren as recomendacións que aportamos habitualmente para estas enfermidades:
Os tratamentos cúpricos recomendados tamén deben aplicarse a OUTRAS FROITEIRAS, DE PEBIDA, DE ÓSO OU AO KIWI. Os funxicidas de cobre débense aplicar a doses altas (pero sempre dentro do rango recomendado na etiqueta) e, como advertimos no caso dos cítricos, deben ser renovados algunha vez máis ao longo do inverno, sempre que as temperaturas non sexan excesivamente baixas e non exista tampouco previsión de xeadas para os días sucesivos.