Sistema de calidade > Queixas, reclamacións e suxestións

Tratamento das queixas, reclamacións e suxestións

Todas as queixas e suxestións dirixidas á Estación Fitopatolóxica Areeiro trataranse da seguinte maneira:

  • As queixas e suxestións faráselle chegar á xefa do Servizo Estación Fitopatolóxica Areeiro para o seu tratamento e contestación.

  • O laboratorio debe acusar recibo da queixa recibida á persoa interesada.

  • As queixas destinadas ao laboratorio serán tratadas como unha "non conformidade" e analizaranse as causas que as provocasen. Se o motivo non se debe a causas internas do laboratorio, a queixa desestimarase e informarase diso a clienta ou o cliente; en cambio, se esta se considera procedente, formularanse as accións correctivas necesarias para emendala.

  • A xefa de servizo supervisará a implantación de todas as solucións adoptadas e informará a ou o cliente sobre esta.

  • Sempre que sexa posible, o laboratorio notificaralle formalmente á persoa interesada o peche do tratamento da queixa.

  Presentación de queixas e suxestións