Tratamento das queixas e suxestións
Todas as queixas e suxestións dirixidas á Estación Fitopatolóxica Areeiro trataranse da seguinte maneira:
- As queixas e suxestións faránselle chegar á xefa de Servizo da Estación Fitopatolóxica Areeiro para o seu tratamento e contestación.
- O laboratorio debe acusar recibo da queixa recibida á persoa interesada.
- As queixas destinadas ao laboratorio serán tratadas como unha "non conformidade" e analizaranse as causas que as provocasen. Se a queixa non se debe a causas internas do laboratorio, esta desestimarase e informarase a clienta ou o cliente; en cambio, se esta se considera procedente, formularanse as accións correctivas necesarias para emendala.
- A xefa de Servizo supervisará a implantación de todas as solucións adoptadas e informará a ou o cliente sobre esta.
- Sempre que sexa posible, o laboratorio notificaralle formalmente á persoa interesada o peche do tratamento da queixa.