A Estación > Novas > Detalle nova

Xornada Presencial Demostrativa do Proxecto "VITICAST, soluciones innovadoras para la predicción de enfermedades fúngicas en vid" organizadas pola Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) en colaboración con FEUGA.

27 de maio del 2021

Reunión viticast

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) organizou, en colaboración con FEUGA, unha Xornada Presencial Demostrativa do Proxecto "VITICAST, soluciones innovadoras para la predicción de enfermedades fúngicas en vid" que se celebrou o 27 de maio de 2021 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

A xornada estivo destinada a Adegas e viticultores, Consellos Reguladores e Denominacións de Orixe, centros de  investigación, Administracións públicas, empresas de explotación agrícola e fabricantes de tecnoloxías e equipamento de monitoraxe. As prazas foron limitadas a 40 en cumprimento das medidas de protección fronte á COVID-19.

Na presentación e benvida á Xornada, a cargo do Deputado provincial Manuel González Martínez comentouse a importancia deste tipo de proxectos nos que se pretende a optimización /reducción das aplicacións fitosanitarias integrando os diferentes aspectos da bioloxía dos parasitos cos parámetros meteorolóxicos e a fenoloxía das plantas para dar cumprimento aos ODS que leven a unha agricultura más respectuosas co Medio Ambiente

A finalidade da Xornada foi amosar os obxectivos e actividades deste proxecto de innovación así como os avances alcanzados ata a data, para o que participaron poñentes de todas as entidades que forman o Grupo Operativo Suprautonómico. Así mesmo, contou cos relatorios dos Xefes dos Servizos de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia e da Generalitat de Cataluña, amais dun técnico experto desta última Comunidade Autónoma e unha persoa da Plataforma Tecnolóxica do Viño. Tamén incluíu a visita a unha das parcelas experimentais do proxecto para coñecer os traballos sobre o terreo.

O programa da Xornada foi o seguinte: