Limiares de tratamento
CERDEIRA
Mosca da cereixa: trampa amarela. Tratar cando se detecte a súa presenza.
Pulgón: contar 25 brotes. Tratar cando se detecte un 3 % de brotes afectados.
Araña vermella: avaliar 100 follas.
Tratar cando se detecte:
- Do 50 ao 60 % de follas ocupadas (estado fenolóxico G)
- 40 % (estado fenolóxico J)
- 30 % (agosto-setembro)
XUDÍA
Oídio: observar cada 1.000 m2, 5 plantas en 20 puntos distintos. Realizar a mostraxe semanalmente.
Tratar cando aparezan os primeiros síntomas.
Ferruxe: observar cada 1.000 m2, 5 plantas en 20 puntos distintos. Realizar a mostraxe semanalmente.
Tratar cando aparezan os primeiros síntomas.
Botrite: observar cada 1.000 m2, 5 plantas en 20 puntos distintos. Realizar a mostraxe semanalmente.
Tratar cando aparezan os primeiros síntomas.
Minador: cada 1.000 m2, observar semanalmente 5 follas (a nivel da última folla ben desenvolvida) en 20 puntos distintos.
Colocar tamén trampas cromáticas.
Tratar cando se observen os primeiros adultos ou os primeiros síntomas (primeiras picaduras ou minas).
Mosca branca: cada 1.000 m2, observar semanalmente 5 follas (a nivel da última folla ben desenvolvida) en 20 puntos distintos.
Colocar tamén trampas cromáticas.
Tratar cando na mostraxe de follas se detecte 1 adulto por folla ou cando se capturasen polo menos 10 individuos en trampas.
Araña vermella: cada 1.000 m2, observar semanalmente 5 follas (a nivel da última folla ben desenvolvida) en 20 puntos distintos.
Colocar tamén trampas cromáticas.
Anotar o número de formas móbiles de araña vermella e de fitoseidos atopados.
Tratar cando a relación de fitoseidos/arañas sexa inferior a 1/10.
Trips: observar semanalmente 25 follas cada 1.000 m2 e anotar o número de formas móbiles.
Tratar cando se detecten 10 trips por folla.
Pulgóns (Aphis, Myzus): cada 1.000 m2 de cultivo, tomar mostras semanalmente en 20 puntos, 5 follas a nivel da última folla ben desenvolvida.
Tratar cando en máis do 50 % das follas se detecte o pulgón.
MACEIRA
Apincarado: avaliar semanalmente 1.000 follas.
Tratar cando se detecte un 5 % de follas atacadas.
Oídio: desde a floración, avaliar 50 árbores. En dúas ramas de cada unha, observar 5 follas do extremo debaixo da 1.ª folla desenvolvida.
Tratar cando se detecte un 5 % de follas atacadas.
Carpocapsa: trampas de feromona.
Tratar cando se detecten 3 ou 4 bolboretas por trampa e semana.
Pulgóns: avaliar 100 árbores ou brotes ou 200 inflorescencias segundo a especie (limiar variable segundo esta).
Araña vermella: avaliar 100 follas.
Tratar cando se detecte:
- Do 50 ao 60 % de follas ocupadas (estado fenolóxico G)
- 40 % (estado fenolóxico J)
- 30 % (agosto-setembro)
PATACA
Mildio: existen dous métodos para determinar o tratamento:
Seguimento das condicións de temperatura e humidade relativa desde o momento en que o cultivo alcance o 50 % de emerxencia para determinar o índice acumulado segundo a seguinte táboa:
Cálculo do índice | Temperatura media (° C) durante o período en que a humidade relativa (Hr) é do 90 % ou superior | ||||
7,2 a 11,7 | 11,7 a 15 | 15 a 26,8 | mas de 26,5 | ||
Horas ininterrompidas de humidade relativa (Hr) maior do 90 % | 0 - 9 | 0 | 0 | 0 | Non se acumulan valores |
10 - 12 | 0 | 0 | 1 | ||
13 - 15 | 0 | 1 | 2 | ||
16 - 18 | 1 | 2 | 3 | ||
19 - 21 | 2 | 3 | 4 | ||
22 - 24 | 3 | 4 | 4 | ||
+ 25 | 4 | 4 | 4 |
Intervir de 7 a 14 días despois de que o índice acumulado chegue a 18-20.
- Outra alternativa para determinar o primeiro tratamento consiste en predicir o comezo da enfermidade de 7 a 14 días despois do rexistro de 10 días consecutivos de choiva favorable. Considérase día de choiva favorable cando:
- A temperatura media dos 5 días precedentes é de 25,5 °C:
- Se a temperatura media do 5.º día é 25,5 °C, comézase a contar
- Se a temperatura media do 5.º día é de 7,2 °C, non se inclúe este día no cálculo e non se comeza a contar
- O total da choiva caída nos 10 días precedentes é de 30 mm
- A temperatura media dos 5 días precedentes é de 25,5 °C:
Alternaria: observar semanalmente 10 follas da metade inferior da planta (excluíndo as mortas) en 10 zonas da plantación. Esta tarefa comezará entre 40 e 50 días despois da emerxencia.
Tratar cando se detecten algunhas manchas sobre as follas baixas.
Escaravello da pataca: tomar mostras semanalmente de 5 talos en 5 sitios diferentes da plantación (é dicir, 25 talos por plantación). Contar o número de adultos, larvas pequenas (1.º e 2.º estadio) e larvas grandes (3.º e 4.º estadio) en cada un dos talos.
Tratar cando a media de individuos por talo sexa de:
- 0,5 adultos por talo
- 4 larvas pequenas (1.º e 2.º estadio) por talo
- 1,5 larvas grandes (3.º e 4.º estadio) por talo
Pulgóns da pataca: desde o momento do brote débense iniciar controis semanais sobre 50 follas elixidas da seguinte maneira:
En 10 zonas da plantación, seleccionaranse 5 plantas en filas diferentes e elixirase 1 folla da parte media da planta.
Ademais, colocaranse trampas cromáticas amarelas e trampas de auga.
Tratarase:
- Desde o brote ata o inicio da tuberización: 2 pulgóns por folla.
- Desde o inicio da tuberización ata 2 semanas antes da morte do talo: 4 pulgóns por folla.
- Dentro das 2 semanas da morte do talo: 10 pulgóns por folla.
Couza da pataca: colocar trampas de feromonas sexuais na leira a razón de 1 trampa por hectárea.
Tratar no máximo voo.
VIÑA
Mildio: decisión segundo os criterios da estratexia de Loita Oportuna.
Oídio: mostraxe de 100 follas ou 100 acios.
Tratar desde que aparezan os primeiros síntomas, especialmente en variedades sensibles.
Couzas: mostraxe de 100 acios.
Tratar cando se detecten:
- 1.ª xeración: do 20 ao 40 % de acios con glomérulos
- 2.ª xeración: do 3 ao 5 % de acios con ovos, penetracións ou larvas en variedades sensibles á botrite; do 5 ao 8 % de acios con ovos, penetracións ou larvas noutras variedades menos sensibles
Pedroulo: mostraxe de 100 xemas.
Tratar cando se detecte entre un 3 e 5 % de xemas comidas.
Empoasca:
- Mostraxe de 100 follas. Tratar cando se detecten 1 ou 2 individuos por folla
- Trampas amarelas. Tratar cando se atopen 250 cicadélidos por trampa e semana
Acariose:
- Inverno: mostra de 10 vidras por hectárea. Tratar cando se detecten de 1 a 3 ácaros por xema
- Período vexetativo: mostra de entre 10 e 50 follas (segundo o desenvolvemento da planta). Tratar cando se detecten 10 ácaros por folla
Araña vermella:
- Mostraxe sistemática: observar entre 10 e 50 follas segundo o desenvolvemento da planta. Do 60 ao 70 % de follas ocupadas na primavera e do 30 ao 40 % de follas ocupadas a finais do verán
- Mostraxe secuencial: limiar segundo o gráfico
- Mostraxe segundo fitoseidos: limiar segundo o gráfico