Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Síntomas en castiñeiro

    PRESENZA DE Phytophthora pseudosyringae EN GALICIA SOBRE CASTIÑEIRO

    2006

    Cítase unha nova especie de Phytophthora identificada morfolóxica, fisiolóxica e molecularmente, por primeira vez sobre Castiñeiro en España: Phytophthora pseudosyringae (Plant disease, 91(11): 1517).

    Os síntomas en castiñeiro maniféstanse ao longo do talo, que presenta zonas necróticas, de cor negra violácea, lixeiramente deprimidas que, nalgúns casos, conflúen e dan lugar a necroses máis extensas. Prodúcense desecado de xemas e gromos cando estes coinciden coas zonas necrosadas.

    En Europa, P. pseudosyringae, non foi identificada sobre castiñeiro, con todo foi descrita en solos forestais onde crecían diferentes especies de Quercus e tamén se illou nas raíces necróticas e na base do talo de Fagus sylvatica e Alnus glutinosa e identificouse, ata a data, en Italia, Francia e Alemaña. En EUA illouse en Umbellularia californica e Quercus agrifolia (EPPO Report 2005/162).

  • Fusarium Circinatum EN PIÑEIROS

    PRESENZA DO FUNGO DE CORENTENA Fusarium Circinatum EN PIÑEIROS EN GALICIA.

    2004

    Fusarium circinatum é o anamorfo de (Gibberella circinata Niremberg & O´Donnell). Afecta a numerosas especies do xénero Pinus, entre elas Pinus pinaster e Pinus radiata, moi presentes en Galicia. Atópase tanto en planta nova como en árbores adultas, ocasionando o seu enfraquecemento e morte en casos graves. Nas árbores adultas, a enfermidade é coñecida como 'Picth Canker', e caracterízase pola presenza de cancros fortemente resinosos. Este fungo posúe unha capacidade altamente infectiva tanto en tecidos vexetativos como reprodutivos, incluídas as sementes.

    É un patóxeno fúnxico de corentena incluído na lista A2 de acción da EPPO (European Plant Protection Organization). Ao non estar confirmada a súa presenza na Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación emitiu o Real Decreto 637/2006, de 26 de maio, polo que se establece o programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium circinatum.

    En Galicia, a primeira detección do fungo é realizada pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro a finais do ano 2004, primeiro sobre planta nova procedente de viveiro, e posteriormente tamén en árbores adultas. Este laboratorio segue os protocolos recomendados no RD 637/2006 para ver as estruturas fúnxicas que o definen: mono e polifiálidas, macro e microconidias, e circinos.

  • Danos de Ctenarytaina spatulata

    PRESENZA DE Ctenarytaina spatulata EN GALICIA

    2003

    Cítase unha nova especie de psílido sobreeucalipto en España: Cterarytaina spatulata Taylor. Fronte a Ctenarytaina eucalypti Maskell, o novo psílido centra os seus ataques en gromos adultos, onde pode producir deformacións nas follas e necroses dos gromos, cuestións que foron observadas nalgunhas das masas afectadas. Con todo, as posibles consecuencias do seu ataque sobre a productividade das plantacións de eucalipto, así como a distribución real do insecto son, de momento, descoñecidas.

  • Phytophthora

    PRESENZA DE Phytophthora ramorum EN GALICIA (SPAIN) SOBRE Camellia, Rhododendron Y Viburnum

    2003

    Phytophthora ramorum é un patóxeno fúnxico de declaración obrigatoria, incluído na lista de alerta da EPPO, o cal alcanzou proporcións epidémicas nalgunhas zonas dos Estados Unidos provocando a morte de Lithocarpus sp e Quercus spp e dano a unha gama ampla de plantas ornamentais . É un organismo de zonas mornas a frescas con temperaturas mínimas para o seu desenvolvemento de 2 ºC, máximas de 26- 30 ºC e cun óptimo en torno a 20 ºC.

    ¿Cales son os seus medios de dispersión?

    O coñecemento da enfermidade é aínda limitado, con todo, contamos con datos sobre a súa forma de dispersión. A curta distancia o fungo pode diseminarse, en forma de esporanxios, pola choiva, a auga de rega, o vento e os insectos. As zoosporas xerminan rapidamente sobre a superficie da folla dos hóspedes foliares, constituíndo estes unha importante fonte de inóculo. A longa distancia pode facelo por medio do movemento de material vexetal infectado, vehículos, calzado, maquinaria, etc. O fungo produce un gran numero de clamidosporas as cales actúan como forma de resistencia.

    ¿Cales son os seus síntomas?

    Dependendo da especie os síntomas poden aparecer sobre o tronco, as pólas e/ou as follas. Nos hóspedes arbóreos americanos do patóxeno, fundamentalmente en Lithocarpus densiflorus e Quercus spp, o síntoma máis evidente da enfermidade, en árbores adultas, é a morte de ramas e a aparición de cancros sobre a cortiza do tronco, nestas zonas obsérvanse manchas marrón escuro con exsudados de zume. As lesións poden presentarse desde o pescozo da planta ata unha altura de 20 metros. Nos hóspedes foliares da enfermidade, tanto americanos como europeos, os síntomas son variables pero polo xeral asócianse a manchas nas follas e morte de pólas

    Rhododendron

    As poliñas afectadas tórnanse marróns e ennegrecen. Ás veces as lesións preséntanse limitadas por tecido verde san. Nas follas aparecen manchas extensas de cor marrón-café ás veces con aneis concéntricos imperceptibles. As raíces non adoitan estar afectadas. Os síntomas son similares aos causados por outras especies de Phytophthora no Rhododendron, pero cun desenvolvemento máis rápido.

    Viburnum

    Obsérvanse pequenas necroses sobre as follas e o pedúnculo. A infección tamén pode comezar pola base do tallo e murchan rapidamente a planta.

    Camellia

    Existen moi poucos datos sobre a sintomatoloxía que pode apreciarse neste cultivo, de feito só existe referencia dun illamento do patóxeno nun viveiro de Camellia japonica en UK e recentemente na zona de California. Os síntomas que observamos foron fundamentalmente foliares, manchas escuras case negras con bordos difusos, nalgúns casos con aneis concéntricos, as manchas poden confluír e necrosar totalmente a folla a cal cae posteriormente. Noutros casos a necrose comeza polo pedúnculo avanzando cara ao interior. Nalgúns casos as plantas quedan completamente defoliadas pero as raíces permanecen sas.

    Distribución

    En Europa aínda non foi identificado sobre carballos con todo se se atopou, causando importantes danos en Rhododendron e Viburnum, en Holanda, Alemaña, Bélxica, Suíza, Polonia, Francia, Italia e Reino Unido neste ultimo país e detectáronse, tamén sobre Kalmia latifoliaPieris spp e Camellia japonica, tomándose, en cada caso, as medidas de erradicación correspondentes. En España, e concretamente en Galicia, o seu illamento foi recente e detectouse a súa presenza sobre Rhododendron spp, Viburnum timus e Camellia japonica.

    ¿Qué se está a facer en Galicia?

    Como a comunidade galega é unha zona propicia para a comercialización e implantación de plantas ácidas, e que Phytophthora ramorum presenta unha ampla lista de hóspedes e debido a que os resultados das inoculacións do fungo sobre camelia e eucalipto, especies moi abundantes na nosa comunidade, mostraron unha alta susceptibilidade potencial das mesmas, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro realizaron unha exhaustiva mostraxe nos viveiros da nosa comunidade, froito do mesmo foi a detección positiva de Phytophthora ramorum sobre Viburnum timusRhododendron sp e Camellia japonica.

    ¿Que debe facer vostede?

    Phytophthora ramorum é un patóxeno de declaración obrigatoria. Se vostede sospeita a presenza da enfermidade, nalgunha das plantas susceptibles, non dubide en poñerse en contacto connosco.