Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Vista lateral

    DETECCIÓN DE HETEROBOSTRYCHUS HAMATIPENNIS Lesne (Coleoptera: Bostrichidae: Bostrichinae) EN ESPAÑA

    2007

    En setembro de 2007 detectouse o bostríquido Heterobostrychus hamatipennis nunha mostra de fibras dunha palmeira fortemente degradada procedente dun xardín privado. Trátase dunha especie de orixe asiática polífaga e xilófaga que, tanto en estado larvario como adulto, aliméntase de madeira seca de árbores en pé e/ou apeados, de diversas especies, entre as que se atopan sauces, bambús e outras leñosas cun alto contido de almidón na albura. Antes de que se puidese realizar un seguimento da evolución do dano, a planta foi retirada e queimada, polo que se pode supoñer que únicamente se trata dunha detección puntual e que non se produciu un establecemento da especie.

    En Europa, a única referencia ata este momento era a súa detección en Bélxica (EPPO Reporting Service, 2005) en obxectos de Salix sp. importados de China en outubro de 2004.

  • Ovipositor

    DETECCIÓN EN GALICIA DE SCAPHOIDEUS TITANUS Ball VECTOR DA FLAVESCENCIA DOURADA

    2007

    A flavescencia dourada é unha agresiva enfermidade da vide provocada por un fitoplasma. As consecuencias inmediatas da súa presenza son perdas de rendemento máis ou menos evidentes; co transcorrer do tempo, se a enfermidade se estende por unha plantación, as cepas acaban sucumbindo na súa totalidade.

    O fitoplasma é un patóxeno de corentena para a Unión Europea que xa está presente nalgúns países, con focos no sur de Francia e norte de Italia. En España introduciuse fai dez anos na comarca catalá de l'Alt Empordà. O vector natural da enfermidade é Scaphoideus titanus Ball, homóptero da familia Cicadellidae que non causa danos directos importantes nas viñas pero que por transmitir a enfermidade ten unha importancia económica destacable. En Galicia realízanse programas específicos de detección desde 1999, e ata 2007 non se atopou o vector. Con todo, no mes de setembro dese ano apareceron dous exemplares nunha trampa instalada no concello de Crecente (Pontevedra), o cal esixe un programa de detección e seguimiento máis exhaustivo de cara ao futuro. De calquera xeito, ata o momento non se detectaron síntomas concretos da flavescencia.

  • Femias e síntomas da cochinilla en folla de camelia

    DETECCIÓN DE PARLATORIA CAMELLIAE Comstock SOBRE CAMELIA EN GALICIA

    2007

    Desde o ano 2007 hai que engadir unha nova especie de cochinilla á xa elevada diversidade de insectos desta superfamilia atopada sobre camelia en Galicia. Trátase de Parlatoria camelliae, diaspino con femias de cor violácea e escudo de forma oval, plano e de cor branca-grisácea a marrón. Ata o momento, á marxe da propia presenza do insecto, non se observaron danos nas plantas ocupadas, que estarían representados por debilitamiento, asfixia dos órganos afectados debido aos escudos, e pola emisión dunha saliva tóxica para o vexetal.

  • Tuberculatus (Nippocallis) kuricola

    PRIMEIRA REFERENCIA DE Tuberculatus kuricola NA ÁREA CONTINENTAL EUROPEA

    2007

    No mes de outubro do ano 2000 detectouse na provincia de Pontevedra un novo pulgón sobre castiñeiro: Tuberculatus (Nippocallis) kuricola, especie orixinaria de Xapón, Corea e China Continental que pode afectar non só a castiñeiro senón tamén a Quercus spp. Ata este momento, unicamente se citou a súa presenza, fóra da súa área de orixe, na illa de Madeira. Desde que se detectou en Pontevedra, concretamente sobre unha masa de Castanea x hybrida no municipio de Moaña, onde se observou a presenza de fumaxina e unha defoliación más ceda.

    As mostraxes realizadas con posterioridade na provincia demostraron a presenza do áfido en máis áreas, tanto sobre castiñeiro como sobre carballo ou roble americano, pero sen síntomas.

  • Polyphagotarsonemus latus

    DETECCIÓN DE POLYPHAGOTARSONEMUS LATUS Banks SOBRE CAMELIA EN GALICIA

    2007

    A araña branca dos invernadoiros, Polyphagotarsonemus latus, é unha especie moi polífaga que se atopa distribuída nas zonas subtropicais e mornas de todo o mundo. No verán de 2007 detéctase en Galicia sobre plantas de Camellia japonica de viveiro, producindo unha falta de desenvolvemento, enrolado das follas máis novas e tenras (normalmente cara ao revés) e un bronceado de zonas localizadas do revés das follas con aspecto dourado, brillante. Debido á rapidez do ciclo biolóxico desta especie de ácaro tarsonémido, no viveiro adoptáronse inmediatamente medidas de control, illando os rodais afectados do resto de plantas e aplicando tratamentos acaricidas para frear a proliferación das poboacións. Dende entón, non volveu a localizarse.