DETECCIÓN DE HETEROBOSTRYCHUS HAMATIPENNIS Lesne (Coleoptera: Bostrichidae: Bostrichinae) EN ESPAÑA
2007
En setembro de 2007 detectouse o bostríquido Heterobostrychus hamatipennis nunha mostra de fibras dunha palmeira fortemente degradada procedente dun xardín privado. Trátase dunha especie de orixe asiática polífaga e xilófaga que, tanto en estado larvario como adulto, aliméntase de madeira seca de árbores en pé e/ou apeados, de diversas especies, entre as que se atopan sauces, bambús e outras leñosas cun alto contido de almidón na albura. Antes de que se puidese realizar un seguimento da evolución do dano, a planta foi retirada e queimada, polo que se pode supoñer que únicamente se trata dunha detección puntual e que non se produciu un establecemento da especie.
En Europa, a única referencia ata este momento era a súa detección en Bélxica (EPPO Reporting Service, 2005) en obxectos de Salix sp. importados de China en outubro de 2004.