Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Juvenil dauer B.xylophilus

    Primeira detección de "Bursaphelenchus xylophilus en Monochamus galloprovincialis" en España

    2020

    Plant Disease 104,4:1259: First Report of Bursaphelenchus xylophilus (Nematoda: Aphelenchoididae) on Monochamus galloprovincialis (Coleoptera: Cerambycidae) in Spain.

    Esta é a primeira cita da presenza de xuvenís dauer de Bursaphelenchus xylophilus, nematodo da madeira de piñeiro ( PWN) en M. galloprovincialis en España. Anteriormente, en 2001, Monochamus galloprovincialis, asociouse como vector do PWN en Portugal. O noso estudo confirma a importancia de M. galloprovincialis como vector de B. xylophilus en Europa.

  • Síntomas de Lonsdalea populi

    Primeira detección de "Lonsdalea populi" en chopo en Portugal

    2019

    Plant Disease 103:2121: First Report of Lonsdalea populi causing Bark Canker Disease on Poplar in Portugal.

    Observáronse cancros verticais nos troncos dunha plantación de chopos híbridos (Populus × euroamericana) en Santarém (Portugal), suxerindo unha posible enfermidade  bacteriana. Unha vez analizadas as mostras, determinouse a presenza de Lonsdalea populi, causante do cancro da cortiza do chopo, xa citada en Hungría, China e España e sendo esta a primeira referencia en Portugal.

  • Micelio en cultivo de Pilidium lytri

    Primeira cita de "Pilidium lythri" en acios de vide en España

    2018

    American Journal of Enology and Viticulture 2018.17093: First Report of Pilidium concavum Causing Bunch Rot on Grapevine in Spain

    Nunha mostraxe realizada en viñedos da provincia de Pontevedra sobre fungos asociados coa pudremia do acio, no momento da colleita, observáronse uvas podrecidas en acios de Vitis vinifera 'Albariño'. As análises morfolóxicas, moleculares e filoxenéticas dos illados obtidos a partir destas mostras indicaron a presenza por primeira vez en España de Pilidium lythri. O feito de que este fungo poida infectar directamente uvas sas indica que pode ser un patóxeno verdadeiro asociado coa podremia de acios na vide. A súa presenza nas uvas podería contribuír á podremia de acios de variedades de mesa e de viño en post-colleita.

  • Órganos sexuales de Phytophthora x multiformis

    Primeira cita en España de "Phytophthora x multiformis" en "Alnus glutinosa"

    2017

    Plant Disease 101,1:261: First Report of Phytophthora x multiformis on Alnus glutinosa in Spain

    En abril de 2014 nunha mostraxe realizada nunha zona de ribeira no río Muiños en Galicia observáronse árbores mortas e afectadas de Alnus glutinosa. A análise morfolóxica e molecular das mostras recollidas determinou a presenza por primeira vez en España de Phytophthora x multiformis.

  • Eclosión matricida B. xylophilus

    Primeira cita da eclosión matricida en "Bursaphelenchus xylophilus"

    2017

    Journal of Nematology 49,4:390-395: First Report of Matricidal Hatching in Bursaphelenchus xylophilus.

    A reprodución do Bursaphelenchus xylophilus, é sexual amphimíctica, con oviposición. Durante a cría dunha poboación de B. xylophilus, observouse a eclosión matricida (desenvolvemento de ovos intrauterinos e o seu eclosión no interior da femia, provocando a súa morte). Este fenómeno non fora descrito, ata a data, nesta especie e non é moi común en nematodos fitoparásitos.