Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Ovos ninfa e cuberta de cera de Glycaspis brimblecombei

    Primeira cita en Galicia de "Glycaspis brimblecombei"

    2015

    Arquivos Entomolóxicos 14: 53-61: Primera cita de Glycaspis brimblecombei Moore 1964 y situación actual de otros psílidos del eucalipto en Galicia (NW Península Ibérica) (Hemiptera: Psylloidea: Psyllidae).

    O psílido é praga principalmente de Eucalyptus camaldulensis e, de feito, nun dos dous municipios de Pontevedra onde se detectou, fíxoo sobre esta especie (na outra sobre E. globulus).

  • Síntomas de Cydalima perspectalis

    Primeira cita na Península Ibérica de Cydalima perspectalis

    2014

    Arquivos Entomolóxicos, 10: 225-228: Cydalima perspectalis Walker, 1859 (Lepidoptera, Crambidae): una nueva amenaza para Buxus spp. en la Península Ibérica.

    As eirugas deste lepidóptero defoliador foron as responsables da eliminación en Suíza de amplas áreas de buxo, e tamén representan unha ameaza para as formacións naturais doutras zonas de Europa, así como para os sebes e plantas illadas dos nosos parques e xardíns

  • Femia de Dryocosmus kuriphilus

    Primeira cita en Galicia de Dryocosmus kuriphilus

    2014

    Arquivos Entomolóxicos, 12: 33-36. El cinípido del castaño Dryocosmus kuriphilus Yasumatsu, 1951 llega a Galicia (NO de la Península Ibérica).

    Incluído na lista A2 da EPPO está considerada como a praga máis importante do castiñeiro en todo o mundo, pois as bugallas que producen causan perdas de vigor e unha redución significativa da produción de froito de ata o 85%.

  • Vista lateral do macho de Drosophila suzukii e detalles característicos resaltados

    Primeira cita en Galicia de Drosophila suzukii

    2013

    Arquivos Entomolóxicos: Primera cita de Drosophila suzukii (Matsumura 1931) (Diptera: Drosophilidae), plaga polífaga de frutales, para Galicia (NO de la península ibérica).-

    Esta especie, incluída na lista A2 da EPPO, representa unha seria ameaza para por ser capaz de destruír froita sa, a diferenza doutras especies do mesmo xénero. Entre os seus hóspedes potenciais están especies moi diversas das familias Rosaceae, Ericaceae, Moraceae, Actinidiaceae, Ebenaceae, Vitaceae e outras.

  • Macroconidios de Fusarium temperatum

    Primeira cita en España de Fusarium temperatum en millo

    2013

    Plant Disease 97,9:1252: First Report of Fusarium temperatum Causing Seedling Blight and Stalk Rot on Maize in Spain.

    Durante unha mostraxe realizada en plantacións de millo en Galicia en outubro de 2011, observáronse plantas con síntomas de podremia de mazorca e talo. Identificouse por primeira vez en España unha nova especie, Fusarium temperatum, que se atopa dentro do complexo de especies Gibberella fujikuroi e está relacionada morfoloxicamente e filogenéticamente estreitamente con F. subglutinans.