Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Illamento de Neofusicoccum parvum en fragmentos de vide

    Primeira cita Neofusicoccum luteum e Neofusicoccum parvum en Rhododendron en España

    2011

    Plant Disease 95,2:221.2: First Report of Dieback on Hybrid Rhododendrons Caused by Neofusicoccum luteum and Neofusicoccum parvum in Spain.

    Durante a prospección realizada en xardíns e parques galegos durante o ano 2010, observouse en Rhododendron spp. unha sintomatoloxía caracterizada por decaimiento e morte de brotes. Na análise destas mostras detectouse, por primeira vez en España, a presenza de Neofusicoccum luteum e N. parvum.

  • Síntomas de Pseudomonas syringae pv actinidiae en Kiwi

    Primeira cita de Pseudomonas syringae pv actinidiae en España

    2011

    Plant Disease 95,12: 1583: First Report of Bacterial Canker of Kiwifruit Caused by Pseudomonas syringae pv. actinidiae in Spain.

    O cancro bacteriano do kiwi ocasionado por Pseudomonas syringae  pv. actinidiae é actualmente a principal ameaza para a súa produción en todo o mundo. Foi detectado por primeira vez en Galicia e en España, sendo nosa comunidade a que maior superficie posúe deste cultivo no noso país, coas importantes perdas que implica a detección desta enfermidade.

  • Detalle espicula do macho de B. xylophilus

    Primeira cita de Bursaphelenchus xylophilus en Galicia

    2011

    Plant Disease 95, 6:776.1: Detection of Bursaphelenchus xylophilus, Causal Agent of Pine Wilt Disease on Pinus pinaster in Northwestern Spain.

    B. xylophilus, organismo de corentena e praga prioritaria, foi detectado nunha masa afectada de P. pinaster no municipio das Neves (Pontevedra, Galicia) en 2010. A nosa comunidade é unha das principais produtoras de madeira de piñeiro de España.

  • Xenitalia macho Blastopsylla occidentalis

    Primeira cita na Península Ibérica Blastopsylla occidentalis

    2011

    Bol. Sanidad Vegetal Plagas 37: 139-144: Primera cita en la Península Ibérica de Blastopsylla occidentalis Taylor (Homoptera: Psyllidae).

    Este psílido infesta do eucalipto detectouse en eucaliptais do SO de España e Sur de Portugal, tanto en planta de viveiro como en árbores xa establecidas no exterior.

  • Parella Psyllaephagus bliteus

    Primeira cita en España Psyllaephagus bliteus

    2011

    Bol. Sanidad Vegetal Plagas 37: 37-44: Primera cita en España de Psyllaephagus bliteus Riek (Hymenoptera, Encyrtidae), parasitoide de Glycaspis brimblecombei Moore (Hemiptera, Psyllidae).

    Psyllaephagus bliteus é un parasitoide específico da praga do eucalipto Glycaspis brimblecombei, e detectouse en poboacións deste psílido en eucaliptais de Huelva.