Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Adulto Stephanitis takeyai

    Primeira cita en Península Ibérica Stephanitis takeyai

    2012

    Arquivos Entomolóxicos, 7: 201-204: Primera cita de Stephanitis takeyai Drake & Maa, 1955 (Hemiptera, Tingidae) en la Península Ibérica.

    Especie oligófaga cuxo hospedeiro principal é Pieris japonica, tamén pode atoparse en Rhododendron, Diospyros ou Cinnamomum. Reduce a actividade fotosintética das plantas e pode chegar a producir secado de follas e defoliación. Neste caso atopouse sobre Pieris japonica nun viveiro do sur de Pontevedra.

  • Órganos sexuais de Phytophthora uniformis

    Primeira cita de Phytophthora alni subsp. uniformis en alisos en España

    2012

    Plan Disease 96,4:589.2: First Report of Phytophthora alni subsp. uniformis on Black Alder in Spain

    É a primeira referencia do oomiceto Phytophthora alni subsp. uniformis en Alnus glutinosa en España. Esta subespecie afecta exclusivamente o xénero Alnus e xunto con P. alni subsp. alni, e P. alni subsp. multiformis, está a ocasionar danos importantes nos amieiros europeos, principalmente nas zonas de ribeira.

  • Eirugas de Tuta absoluta en follas de faba

    Primeira cita de Tuta absoluta sobre xudía en Galicia

    2012

    Arquivos Entomolóxicos, 7: 193-196: Detección de Tuta absoluta (Meyrick, 1917) (Lepidoptera: Gelechiidae) sobre judía en Galicia (NO de la Península Ibérica).

    Praga de corentena (lista A2 da  EPPO) detectada en España en 2006, atópase en Galicia en 2009 sobre o seu principal hospedador (tomate). A súa presenza sobre xudía referiuse previamente en Europa en Sicilia e en Almería, neste caso só en sitios con altas poboacións do insecto procedentes de tomate

  • Esporangios caducos de Phytophthora ilicis

    Primeira cita de Phytophthora ilicis en acivro en España

    2012

    New Disease Reports 26:16: First report of Phytophthora ilicis causing twig blight on holly in Spain

    Cítase por primeira vez en España a especie Phytophthora ilicis causante de manchas foliares, defoliación e morte de gromos en acivro (Ilex aquifolium). Neste momento a súa presenza rexistrouse en Estados Unidos, Canadá, Reino Unido e Francia.

  • Adulto de Rhynchophorus emerxendo da base dunha palma

    Primeira cita en Galicia Rhynchophorus ferrugineus

    2012

    Arquivos Entomolóxicos, 8: 97-101: Primera cita del picudo rojo de las palmeras, Rhynchophorus ferrugineus (Olivier 1790) (Coleoptera: Curculionoidea: Dryophthoridae), en Galicia (NO de la Península Ibérica).

    Incluído na lista A2 da EPPO, este curculiónido que causa a morte das palmeiras detéctase por vez primeira en xaneiro de 2013 nun exemplar de Phoenix canariensis situado nunha leira particular do concello de Gondomar (Pontevedra).