A Estación > Catálogo de servizos

CATÁLOGO DE SERVIZOS

Areeiro poderá prestar apoio e colaborar con entidades públicas, privadas e particulares que o soliciten en:
  • Análises e diagnóstico dos problemas fitosanitarios que lles afectan aos cultivos da provincia e posibilidade de darlles servizo da súa especialidade á cidadanía e a entidades ou empresas públicas ou privadas doutras comunidades e países
  • Investigación sobre novos axentes fitopatóxenos
  • Realización de mostraxes nas provincias para informar as e os agricultores da evolución dos axentes fitopatóxenos que lles afectan aos cultivos ao longo do ano e dar recomendacións para o seu control
  • Estudo de produtos para controlar axentes fitopatóxenos
  • Proporcionar cultivos puros, cepas ou organismos vivos para estudos e proxectos sobre control de axentes fitopatóxenos
  • Cría de organismos beneficiosos para controlar pragas e enfermidades
  • Participación en exercicios de intercomparación de patóxenos de vexetais con outros laboratorios ou centros oficiais tanto a nivel nacional coma internacional
  • Asesoramento para o cumprimento da normativa sobre sanidade vexetal e participación en convenios internacionais relativos a esta materia
  • Análise química da fertilidade de solos agrícolas e o respectivo asesoramento para adaptar as súas características ás necesidades do correspondente cultivo
  • Experiencias controladas de resposta dos cultivos a diferentes formas de aplicación de fertilizantes orgánicos ou minerais
  • Análises químicas foliares e análises de metais pesados en solos e lodos
  • Análise de calidade de pole, froitas, horta etc. para que os produtos cumpran as normativas de calidade e comercialización nacional e internacional
  • Estudos de catalogación botánica de xardíns e zonas verdes para potenciar o valor do patrimonio vexetal e difundir a importancia histórica e ambiental das especies botánicas que medran nelas
  • Estudos e informes de arboredo para incluír en publicacións e webs oficiais
  • Estudo e elaboración de informes sobre o estado sanitario do arboredo de xardíns e zonas verdes
  • Estudos de produtos derivados de especies vexetais que se cultivan actualmente ou son potencialmente cultivables en Pontevedra
  • Apoio aos concellos para manter e protexer a biodiversidade vexetal
  • Mantemento das coleccións de cultivos (camelia e outras plantas) que serven de referencia e para impedir a perda de biodiversidade vexetal de interese para a provincia
  • Participación e colaboración con universidades, empresas, cooperativas etc. en proxectos nacionais, europeos e internacionais relativos ás materias das nosas competencias
  • Realización de publicacións de carácter divulgativo ou científico.
  • Apoio á investigación, nas liñas dos nosos centros, a empresas e outras institucións ou administracións mediante convenios e contratos
  • Participación en congresos, cursos, charlas, feiras ou conferencias, entre outros, para difundir os traballos que se realizan en Areeiro ou en colaboración con empresas ou organismos públicos