CATÁLOGO DE SERVIZOS
Areeiro poderá prestar apoio e colaborar con entidades públicas, privadas e particulares que o soliciten en:
- Análises e diagnóstico dos problemas fitosanitarios que lles afectan aos cultivos da provincia e posibilidade de darlles servizo da súa especialidade á cidadanía e a entidades ou empresas públicas ou privadas doutras comunidades e países
- Investigación sobre novos axentes fitopatóxenos
- Realización de mostraxes nas provincias para informar as e os agricultores da evolución dos axentes fitopatóxenos que lles afectan aos cultivos ao longo do ano e dar recomendacións para o seu control
- Estudo de produtos para controlar axentes fitopatóxenos
- Proporcionar cultivos puros, cepas ou organismos vivos para estudos e proxectos sobre control de axentes fitopatóxenos
- Cría de organismos beneficiosos para controlar pragas e enfermidades
- Participación en exercicios de intercomparación de patóxenos de vexetais con outros laboratorios ou centros oficiais tanto a nivel nacional coma internacional
- Asesoramento para o cumprimento da normativa sobre sanidade vexetal e participación en convenios internacionais relativos a esta materia
- Análise química da fertilidade de solos agrícolas e o respectivo asesoramento para adaptar as súas características ás necesidades do correspondente cultivo
- Experiencias controladas de resposta dos cultivos a diferentes formas de aplicación de fertilizantes orgánicos ou minerais
- Análises químicas foliares e análises de metais pesados en solos e lodos
- Análise de calidade de pole, froitas, horta etc. para que os produtos cumpran as normativas de calidade e comercialización nacional e internacional
- Estudos de catalogación botánica de xardíns e zonas verdes para potenciar o valor do patrimonio vexetal e difundir a importancia histórica e ambiental das especies botánicas que medran nelas
- Estudos e informes de arboredo para incluír en publicacións e webs oficiais
- Estudo e elaboración de informes sobre o estado sanitario do arboredo de xardíns e zonas verdes
- Estudos de produtos derivados de especies vexetais que se cultivan actualmente ou son potencialmente cultivables en Pontevedra
- Apoio aos concellos para manter e protexer a biodiversidade vexetal
- Mantemento das coleccións de cultivos (camelia e outras plantas) que serven de referencia e para impedir a perda de biodiversidade vexetal de interese para a provincia
- Participación e colaboración con universidades, empresas, cooperativas etc. en proxectos nacionais, europeos e internacionais relativos ás materias das nosas competencias
- Realización de publicacións de carácter divulgativo ou científico.
- Apoio á investigación, nas liñas dos nosos centros, a empresas e outras institucións ou administracións mediante convenios e contratos
- Participación en congresos, cursos, charlas, feiras ou conferencias, entre outros, para difundir os traballos que se realizan en Areeiro ou en colaboración con empresas ou organismos públicos