Xornada de difusion dos resultados do proxecto KIWI-SENS
O 25 de setembro tivo lugar telematicamente a reunión técnica entre as e os promotores e colaboradores deste proxecto, na que se expón a monitorización do cultivo do kiwi para optimizar de xeito integral o seu manexo e dar un salto cualitativo e cuantitativo na súa produción.
Na devandita reunión expuxéronse os resultados obtidos polo persoal da empresa CESENS, a partir dos datos de climatoloxía e humidade no interior das follas de kiwi nas distintas localizacións do estudo, e os obtidos polo equipo da Estación Fitopatolóxica Areeiro partindo das análises realizadas nas mostras recibidas para detectar a bacteria Pseudomonas syringae pv. actinidiae (Psa) e determinar o grao de polinización das flores femininas de Actinidia deliciosa, así como a viabilidade e a xerminación do pole das flores masculinas.
Con base nestes resultados obtidos ao longo do 2026, estase a desenvolver unha ferramenta de predición de risco da Psa e sistemas de seguimento e alerta de xeadas que permitan favorecer a polinización.

